Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As persoas usuarias das entidades Down reclaman un proceso electoral máis accesible

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas usuarias das entidades Down reclaman un proceso electoral máis accesible

22 Xuño, 2020

» As persoas usuarias das entidades Down reclaman un proceso electoral máis accesible

Guías en lectura fácil sobre o proceso electoral, información máis comprensible dos programas dos diferentes partidos ou claridade á hora de informar sobre a mesa que corresponde a cada votante son algunhas das reclamas que as persoas usuarias das entidades Down de Galicia poñen enriba da mesa antes das vindeiras eleccións autonómicas do mes de xullo.

Estas peticións extráense do “Informe sobre a experiencia das persoas usuarias das entidades Down nas eleccións xerais de 2019”, elaborado pola Federación Down Galicia tralos comicios estatais de abril do pasado ano e baseado na resposta de 165 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de entre 18 e 60 anos.

Este informe, que tamén recolle a recuperación do dereito a voto do 34% das persoas enquisadas tras a reforma da Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, deixa patente que moitos e moitas das que acudiron a votar precisaron apoios previos para poder facelo, mais gustaríalles contar con materiais accesibles que lles permitisen facelo de xeito autónomo.

O artigo 9 da Convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade da ONU, ratificada por España en 2008, di: “A fin de que as persoas con discapacidade poidan vivir en forma independente e participar plenamente en todos os aspectos da vida, os Estados Partes adoptarán medidas pertinentes para asegurar o acceso das persoas con discapacidade, en igualdade de condicións coas demais, ao entorno físico, o transporte, a información e as comunicacións, incluídos os sistemas e as tecnoloxías da información e as comunicacións, e a outros servizos e instalacións abertos ao público ou de uso público, tanto en zonas urbanas como rurais”.

Queda claro, polo tanto, que o acceso á lectura e á información é un dereito e unha necesidade social.

 

Que é a lectura fácil?

A lectura fácil é a metodoloxía que se utiliza para facilitar o acceso á información a todas aquelas persoas que teñen unha capacidade de comprensión lectora máis baixa. Trátase de redactar a información con frases sinxelas, curtas e directas, de forma que poida ser entendida por persoas con discapacidade cognitiva ou discapacidade intelectual. Non se trata de eliminar información, senón de facela máis comprensible.

Deste xeito, contribúese á autonomía persoal e á inclusión social das persoas con dificultades lectoras, facilitando así a accesibilidade á información e eliminando as barreiras para a participación.

É necesario un maior impulso e concienciación sobre o uso da lectura fácil para avanzar de xeito real cara a inclusión social de toda a cidadanía, posto que unha sociedade inclusiva de verdade deber facilitar que todos os seus membros poidan acceder a todas as áreas de coñecemento e participación.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}