Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As persoas primeiro: demandas contra a pobreza e a exclusión nas eleccións ao Parlamento de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas primeiro: demandas contra a pobreza e a exclusión nas eleccións ao Parlamento de Galicia

25 Xuño, 2020

» As persoas primeiro: demandas contra a pobreza e a exclusión nas eleccións ao Parlamento de Galicia

622.000 persoas, o 23% da poboación galega, atopábase no 2018 en risco de pobreza ou exclusión social. 128.000 delas, o 4,8% da poboación, vivían na pobreza severa percibindo menos de 370€ ao mes un fogar dunha persoa ou 776€ nun de dúas persoas adultas e dous menores.

Estes datos son hoxe unha aspiración optimista. As eleccións ao Parlamento de Galicia celebraranse no marco dunha emerxencia sanitaria que está sendo acompañada por unha emerxencia social e que empobrecerá drasticamente a milleiros de galegas e galegos se non hai un compromiso político e orzamentario tanto da Xunta de Galicia como de concellos e deputacións.

O COVID-19 trouxo un agravamento notable da situación das persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica: mulleres, mocidade, nenos e nenas. Pero, especialmente, a aquelas con outros factores de exclusión: monoparentalidade, discapacidade, violencia machista (en especial a máis extrema por prostitución ou trata), etnia, persoas maiores -especialmente con algunha dependencia-, migrantes ou refuxiadas e, en xeral, aquelas que malvivían da economía informal ou na precariedade laboral e que quedaron sen ningún tipo de ingreso económico. E con agravantes cando se vive no eido rural.

 

As persoas primeiro: Demandas contra a pobreza e a exclusión social perante as Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020

Esta crise está a constatar a necesidade urxente de aplicar reclamacións históricas das organizacións e redes do Terceiro Sector como a valoración dos coidados, a erradicación do lucro na loita contra a pobreza ou na atención ás persoas dependentes e colectivos vulnerables ou mesmo a aprobación do Ingreso Mínimo Vital.

Na vindeira lexislatura temos unha oportunidade única para evitar que a pobreza e a desigualdade se cronifiquen e cumprir así co compromiso do estado español e da comunidade autónoma galega na Axenda 2030 e no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 1 e reducir como mínimo á metade a porcentaxe de persoas en pobreza.

As 140 organizacións que formamos parte de EAPN Galicia, reiteramos os catro principios que resumen a nosa incidencia política: loita contra as causas da pobreza e a desigualdade, compromiso en orzamentos e planificación a medio e longo prazo, coordinación política e técnica e diálogo civil e demandamos a todas as candidaturas ao Parlamento de Galicia que incorporen no seu programa electoral e se comprometan a que na nova lexislatura a Xunta de Galicia implante as seguintes 15 grandes demandas, detalladas en 64 medidas concretas.

Descarga aquí o documento completo de propostas de EAPN Galicia.

 

1. Blindar o orzamento da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA)

Asegurando a súa compatibilidade e subsidiariedade co Ingreso Mínimo Vital e o recoñecemento do dereito subxectivo e incondicionado á supervivencia.

Especialmente en tres aspectos: complementando ingresos ata o limiar de pobreza relativa, aumentando cobertura a aquelas persoas non beneficiarias do mesmo que vivan en Galicia e asegurando o dereito á inclusión sociolaboral e a un acompañamento estable e profesionalizado dende os Servizos Sociais Comunitarios e as organizacións do Terceiro Sector Social.

 

2. Garantir o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible

Dando prioridade á rehabilitación e o alugueiro social, á erradicación do chabolismo e a infravivenda e á loita contra a exclusión residencial severa promovendo o acceso á 40.000 vivendas no 2023.

 

3. Sen escusas para non reducir drasticamente a pobreza e a exclusión infantil e xuvenil

Aproveitar a oportunidade do Ingreso Mínimo Vital apoiando especialmente ás familias.

En medidas como: Lei Galega da Infancia, que garanta todos os dereitos de nenas, nenos e adolescentes na nosa comunidade. Educación de 0 a 3 anos universal e gratuíta. Despregamento da Rede Galega de Atención Temperá ao 100% da poboación galega. Pacto Galego de Educación Inclusiva. Garantir o dereito á saúde en condicións de igualdade para tódalas persoas que viven en Galicia.

 

4. Erradicar o curtopracismo e a descoordinación institucional na acción política

Xeneralizar a planificación e actuacións a medio e longo prazo, a estabilidade orzamentaria e a coordinación entre os tres axentes do sistema público de servizos sociais: Xunta, administración local (concellos e deputacións) e organizacións do Terceiro Sector de Acción Social. Impulso da nova Axenda Social de Galicia.

 

5. Por un emprego digno e inclusivo

Asegurando o acompañamento estable e profesionalizado ás persoas con maiores dificultades de empregabilidade ou precariedade laboral.

Evitando a non discriminación de organizacións do Terceiro Sector Social e impulsando o modelo do “Programa de Posta a punto para o emprego” a todo persoa en situación ou risco de pobreza ou exclusión social, a formación personalizada e adaptada á demanda do mercado de traballo, a ampliación ao 7% da reserva de mercado da Xunta de Galicia ou as escolas de segunda oportunidade.

 

6. Accesibilidade universal en infraestruturas e edificios públicos ou privados

Para asegurar a plena inclusión de todas as persoas, de acordo co establecido na Lei 10/2014 de accesibilidade e subordinar o investimento en obra pública da Xunta de Galicia a este obxectivo. Erradicar o “limbo da dependencia”.

 

7. Manter servizos básicos contra a exclusión territorial e a pobreza rural

Sanitarios, sociais, educativos, transporte ou vivenda e erradicación da fenda dixital e de acceso ás novas tecnoloxías.

 

8. Lei ou Estratexia Galega contra a violencia machista

En especial á máis extrema (prostitución, trata, senfogarismo) e unha Lei Integral contra a Trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual. Desalentar a demanda de comercio sexual e a condena social dos demandantes de prostitución como instigadores de violencia machista extrema, en especial na Radio Televisión de Galicia.

 

9. Plan galego de loita contra a soidade non desexada

 

10. “Somos persoas, non expedientes” – Redución drástica da burocracia extrema

Na relación coa cidadanía e as organizacións do Terceiro Sector Social. Plan de choque de resolución de todos os expedientes pendentes. Departamento dependente da Presidencia da Xunta que sistematice a redución burocrática, e asegure coordinación, harmonización de requisitos e interpretación da normativa dos departamentos de intervención.

Establecer un plan de mellora e aprendizaxe continuo en Servizos Sociais (autonómico e municipal) coa inclusión dun protocolo de avaliación da calidade de atención e enquisas de satisfacción de persoas usuarias.

 

11. Elaborar plan urxente de loita contra a fenda dixital en persoas e ONG

Considerando como unha necesidade básica o acceso ás novas tecnoloxías e internet das persoas ou familias en situación de vulnerabilidade, así como o fomento da alfabetización e competencias dixitais.

 

12. Loita contra o discurso do odio, aporofobia e a desinformación

Fomentar a participación das persoas en risco de pobreza ou exclusión, e difundindo discurso alternativo de logros, situacións de autonomía e empoderamento e as súas problemáticas sociais, non illadas. Realizar actuacións de formación e implicación da cidadanía na loita contra calquera tipo de prexuízo ou discurso do odio, segundo o establecido na Declaración Institucional contra o Odio e a Aporofobia aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia.

 

13. Fomento do dialogo civil e Lei do Terceiro Sector de Acción Social

Recoñecendo ás entidades do terceiro sector con enfoque de dereitos o seu carácter non lucrativo e recoñecida solvencia como parte do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, regulando a súa participación política e técnica nos procesos de inclusión social, o seu financiamento estable e asociado a resultados e o sistema de interlocución coa administración pública e gobernanza coas redes que o articulan.

 

14. Plan de rescate para o Terceiro Sector Social

Recoñecéndoo como axente esencial na reconstrución de Galicia tralo COVID-19 e con apoio específico ás organizacións para enfrontar a emerxencia sanitaria e social.

 

15. Non admitir diferenzas entre “pobreza de aquí e de alá”

Entendendo a cooperación para o desenvolvemento como unha política social pública máis, baseada no desenvolvemento sustentable, no enfoque feminista e na defensa dos dereitos humanos.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}