Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo retoma o lanzamento da colección solidaria Proxecto Xx, con 15 camisetas con deseños exclusivos

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo retoma o lanzamento da colección solidaria Proxecto Xx, con 15 camisetas con deseños exclusivos

7 Xullo, 2020

» Down Vigo retoma o lanzamento da colección solidaria Proxecto Xx, con 15 camisetas con deseños exclusivos

Down Vigo retoma esta semana o lanzamento da colección solidaria Proxecto Xx, composta por 15 camisetas deseñadas coa técnica do ecoprint, en colaboración coa empresa local Las Flores de Greta. Os beneficios da campaña serán doados integramente á ONG Bicos de Papel, asociación de axuda a nenos oncolóxicos e as súas familias. O proxecto presentouse o pasado mes de febreiro no  Concello de Vigo, pero o lanzamento quedou posposto debido á situación de pandemia sanitaria polo COVID-19.

As 15 camisetas, con tecido 100% algodón, foron deseñadas polo alumnado do servizo de Formación de Down Vigo, que participaron no proceso. O resultado son 15 pezas únicas nas que cada participante plasmou os seus desexos e creatividade. Cada peza leva incluído un marcapáxinas no que se conta a historia de cada deseño.

As persoas interesadas en colaborar nesta iniciativa poderán tamén conseguir mochilas e bolsos doados por Las Flores de Greta (21 unidades), así como 15 postais personalizadas cos estampados das camisetas. Tamén se inclúe como recompensa a posibilidade de participar nunha cata de café privada (10 persoas) co barista Marcos González, campión de España  Barista 2019.

Todos os produtos serán postos ao dispor do público mediante a plataforma ULULE de crowdfunding ou micromecenazgo. Desta maneira, todas as persoas que queiran poderán realizar unha achega a través de doazóns económicas obtendo a cambio unha ou varias recompensas. O importe íntegro da recadación será doado á ONG  Bicos de Papel.

A idea central do proxecto é agradecer á sociedade toda a axuda prestada durante os 30 anos da entidade, tomando esta vez a iniciativa de axudar a outra entidade social. Para iso, Down Vigo conta coa colaboración de Las flores de Greta, tres emprendedoras viguesas que se dedican ao deseño de pezas de roupa coa técnica do ecoprint.

Colabora co proxecto e consegue a túa camiseta a través deste enlace.

Entradas relacionadas

Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Mozos e mozas de Down Ourense e Down Vigo fórmanse nun título propio da Universidade de Vigo
1 Decembro, 2022
Down Vigo renova o seu convenio de colaboración coa Autoridade Portuaria
11 Novembro, 2022
Andrés, usuario de Down Vigo, protagonista dunha campaña de moda infantil
2 Novembro, 2022
Dous mozos do servizo de Emprego con Apoio de Down Vigo comezan a traballar en Amazon Logistics
27 Outubro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}