Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Goberno aproba a reforma que eliminará a ‘incapacitación’ das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Goberno aproba a reforma que eliminará a ‘incapacitación’ das persoas con discapacidade

8 Xullo, 2020

» O Goberno aproba a reforma que eliminará a ‘incapacitación’ das persoas con discapacidade

O Consello de Ministros aprobou este martes o anteproxecto de lei polo que se reformará a lexislación civil e procesal no referido ás limitacións da capacidade xurídica por razón de discapacidade. O obxectivo desta reforma é acabar coa incapacitación xudicial completa do colectivo e, no seu lugar, favorecer a súa capacidade de decisión cun sistema de apoios adecuado.

O anteproxecto de Lei, que se remite ao Congreso dos Deputados para comezar o seu trámite parlamentario, foi elaborado pola Comisión Xeral de Codificación do Ministerio de Xustiza, que traballou nos últimos anos na preparación da proposta, oíndo e consultando a todas as instancias e operadores xurídicos con interese na reforma, a maior en número de artigos modificados do Código Civil desde a súa adopción no século XIX.

Con esta iniciativa lexislativa, dáse cumprimento ao mandato do artigo 12 da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que obriga aos Estados parte, entre eles España, a garantir a igual capacidade xurídica das persoas con discapacidade en todo o tráfico xurídico sen restricións nin exclusións, prestando apoios para a toma de decisións cando sexa preciso, pero sen substituír á propia persoa.

A reforma legal iniciada este martes supoñerá un cambio radical en como o Dereito civil entendeu a discapacidade e ás persoas con discapacidade, pasando do esquema  paternalista e restritivo de dereitos da substitución ao promotor dos apoios á toma de decisións.

Segundo informa o Comité Español de Representantes das Persoas con Discapacidade (CERMI), o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, explicou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Ministros que a reforma supón a substitución da figura da tutela -onde unha terceira persoa encárgase de decidir pola persoa incapacitada xudicialmente- pola da curatela, que pretende que sexa a propia persoa interesada quen adopte ditas decisións, sempre cos apoios e as axudas necesarias.

A nova norma insiste en que os poderes públicos deben asegurar un sistema de apoios adecuados ás persoas con discapacidade. Ademais do Código Civil, o anteproxecto prevé modificar a Lei Hipotecaria, a de Axuizamento Civil, a do Notariado, a referida á Xurisdición Voluntaria e a de Protección Patrimonial das Persoas con Discapacidade.

 

Novidades

A reforma elimina a incapacitación ou modificación da capacidade do Código Civil -pois esta, como condición inherente da persoa, non pode modificarse-, polo ‘apoio’, termo que engloba desde a axuda técnica na comunicación de declaracións de vontade ou a ruptura de barreiras arquitectónicas, ata a representación ou substitución na toma de decisións.

Desaparecen as figuras da tutela para os maiores de idade, a patria potestade prorrogada e a patria potestade rehabilitada, debido a que «non responden ao sistema de promoción da autonomía das persoas adultas con discapacidade».

Ademais, a reforma pretende atender os aspectos persoais e non só os patrimoniais, e da prioridade a todas aquelas medidas que a persoa poida adoptar con carácter preventivo, como mandatos e poderes preventivos.

Refórzase a garda de feito, concibida para permanecer no tempo, e reserva a tutela aos menores de idade que non estean protexidos a través da patria potestade.

O anteproxecto afecta tamén a outras normas relativas ao dereito internacional privado, aos actos relativos á nacionalidade, o matrimonio ou a filiación, así como a algunhas regras do Dereito de sucesións e de contratos.

Finalmente, prohibe que as entidades de apoio ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presten servizos poidan tamén actuar como titoras e ser así «xuíz e parte no proceso».

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}