Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia lanza unha campaña de crowdfunding para rachar coa fenda dixital na que se atopan as súas persoas usuarias

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia lanza unha campaña de crowdfunding para rachar coa fenda dixital na que se atopan as súas persoas usuarias

15 Xullo, 2020

» Down Galicia lanza unha campaña de crowdfunding para rachar coa fenda dixital na que se atopan as súas persoas usuarias

A Federación Down Galicia acaba de lanzar unha campaña de crowdfunding co obxectivo de obter fondos para adquirir equipamento tecnolóxico co que intentar reducir a situación de fenda dixital na que se atopan moitas das súas persoas usuarias. Desta forma, a Federación busca crear un banco de recursos para o préstamo temporal de equipos, facilitando ás persoas usuarias máis vulnerables o acceso aos servizos que, desde o peche das entidades Down por mor da crise sanitaria derivada do COVID-19, se prestan a distancia.

Así, os cartos recadados con esta iniciativa destinaranse á compra de tablets, computadores, teléfonos móbiles, altofalantes-micrófonos e conexións a Internet que poidan mellorar esta situación.

Nos últimos meses, a fenda dixital existente fíxose máis evidente e un gran número de persoas usuarias dos servizos da Federación e das súas entidades non puideron continuar recibindo sesións de apoio durante este tempo, chegando nalgúns casos a evidenciar un retroceso na súa capacidade cognitiva.

A campaña atópase activa na plataforma GoFundMe, de forma que calquera persoa que o desexe poderá realizar a súa achega a través desta páxina. Neste sentido, o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, indicou que “buscamos a solidariedade de aquelas persoas que desexan axudarnos a eliminar a fenda dixital na que se atopan as persoas con discapacidade, asegurando deste xeito maiores cotas de inclusión na sociedade para o colectivo”.

A Federación Down Galicia crece cada ano en número de persoas usuarias, e “iniciativas como esta permítenlle seguir traballando para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais poidan estudar, traballar e desenvolver o seu proxecto de vida en igualdade de condicións que o resto da sociedade” asegurou Delmiro Prieto antes do lanzamento da campaña.

Crowdfunding é o termo inglés para referirse a financiamento colectivo, mediante o que un proxecto determinado consegue a cantidade necesaria para ser levado a cabo a través de pequenas achegas de diñeiro por parte de moitas persoas.

Ligazón á campaña de Down Galicia en GoFundMe: https://gf.me/u/yggkq2

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}