Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo presenta a exposición “El viaje de mi vida”, composta por oito tapices de tea confeccionados por membros da entidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo presenta a exposición “El viaje de mi vida”, composta por oito tapices de tea confeccionados por membros da entidade

10 Agosto, 2020

» Down Vigo presenta a exposición “El viaje de mi vida”, composta por oito tapices de tea confeccionados por membros da entidade

A Asociación Down Vigo inaugurou o pasado venres día 7 de agosto a exposición “El viaje de mi vida” no centro comercial Gran Vía da cidade olívica. A mostra artística, que está aberta ata o venres 21 deste mes, consta de oito tapices de tea confeccionados a man polo grupo de Habilidades Adaptativas de Down Vigo, coa axuda do equipo docente do servizo de formación.

Os tapices están deseñados coa técnica do patchwork, que consiste en unir anacos de tea diferentes entre si para crear deseños únicos e orixinais. Cada peza xorde dunha vivencia que, mediante a combinación de cores, teas e disposición, toma corpo e sentido. O resultado son estes oito tapices, que narran aspectos íntimos da persoa e que recollen a súa experiencia vital.

Durante o proceso de creación, “El viaje de mi vida” transformouse nun percorrido emocional onde cada un dos participantes da entidade, a través da arte, plasmou as súas vivencias, os seus sentimentos ou os seus recordos.

Un dos usuarios, Antonio, reflicte como cambiou a súa vida grazas á asociación. Para  Arancha representa as dificultades do envellecemento. Lola reflexiona sobre o duelo e como aprender a vivir con el sen perder a vitalidade. Lucía M. rende homenaxe á súa familia, a que están e a que xa non está. Lucía  R. soña cun tapiz e unha vida de conto de fadas. Igual que Manuela, que expresa os seus desexos e inquedanzas. O tapiz de Marcelo trata dunha parte moi íntima da súa vida: como viviu a emigración. Como Noa, que ten o seu corazón dividido en dous países. Cada tapiz é único, como cada historia é única.

Entradas relacionadas

Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
Down Vigo e Vithas colaboran para fomentar a inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual
21 Xuño, 2023
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Noela Avendaño consolida a súa praza de funcionaria no Concello de Vigo
28 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}