Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais

2 Setembro, 2020

» Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais

Teima Down Ferrol e Down Pontevedra Xuntos asinaron nos últimos días senllos convenios de colaboración coas súas administracións locais de referencia para o desenvolvemento das súas actividades.

Deste xeito, o Concello de Ferrol achegará 35.000€ a Teima co obxecto de promover a inclusión na vida adulta de aproximadamente 60 persoas usuarias que forman parte da entidade Down. Esta achega forma parte do anexo de subvencións nominativas da administración ferrolá para este exercicio, aprobada polo pleno municipal o pasado 27 de abril.

Trala sinatura do convenio, o alcalde da cidade, Ángel Mato, agradeceu á presidenta de Teima o labor a prol da inclusión que a entidade leva a cabo dende hai máis de 25 anos, destacando o seu apoio na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e o seu intenso traballo social.

Pola súa parte, a presidenta de Teima, Patricia Serantes, agradeceu ao concello o apoio continuado ao traballo da entidade e, en particular, a achega económica obxecto do convenio, coa que se poderá avanzar no fomento e a mellora da autonomía do colectivo.

 

Novo convenio de colaboración con Xuntos

O Concello de Pontevedra, na xunta do goberno local celebrada o pasado luns, aprobou o convenio anual entre a concellería de Benestar Social e Down Pontevedra Xuntos, que ten por obxecto contribuír ao desenvolvemento do programa de inclusión educativa e a promoción da autonomía das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Este acordo, que o concello leva asinando coa entidade Down desde o ano 2003, concrétase nunha achega de 9.000€ que permitirán levar a cabo diversas actividades destinadas a mellorar as competencias e capacidades das persoas usuarias con idades comprendidas entre os 3 e os 21 anos e que están escolarizadas dentro do sistema educativo regrado.

O tenente de alcalde e responsable da área de Benestar Social, Tino Fernández, destaca “a fundamental función social que Xuntos efectúa neste concello”, que beneficia a un importante número de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais que requiren servizos de apoio para a mellora da súa calidade de vida.

Entradas relacionadas

Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Distribuciones Froiz contrata a catro persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
27 Decembro, 2022
Down Galicia renova o seu Punto Virtual de Educación para apoiar ao profesorado na construción dunha escola máis inclusiva
15 Novembro, 2022
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}