Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Congreso comeza a tramitación para derrogar a esterilización forzosa das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Congreso comeza a tramitación para derrogar a esterilización forzosa das persoas con discapacidade

9 Setembro, 2020

» O Congreso comeza a tramitación para derrogar a esterilización forzosa das persoas con discapacidade

A Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados reunirase mañá, 10 de setembro, para debater e informar sobre a Proposición de Lei de modificación do Código penal para a erradicación da esterilización forzada ou non consentida de persoas con discapacidade incapacitadas xudicialmente (Orgánica).

Con esta acción, comeza o proceso lexislativo que poñerá fin a unha práctica que atenta gravemente contra os dereitos humanos das persoas con discapacidade, especialmente mulleres e mozas.

A iniciativa foi presentada hai uns meses no Senado, a partir dun texto da Fundación CERMI Mulleres. A proposta foi tomada en consideración por unha ampla maioría da Cámara Alta, polo que pasou ao Congreso para o inicio da súa tramitación.

En fase de emendas, só un partido presentou propostas de modificación, referidos a aspectos técnicos secundarios da iniciativa, polo que se espera que o Congreso a aprobe con gran respaldo parlamentario.

En marzo de 2019, o Comité de Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, na revisión a España sobre o cumprimento da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, instou ao noso país a desterrar da lexislación nacional a esterilización non consentida de persoas con discapacidade, obxectivo que pretende esta iniciativa.

 

Conferencia Down: Relacións afectivo-sexuais

Desde Down Galicia celebramos a previsible derrogación da esterilización forzada no noso país, pois é un asunto que nos preocupa profundamente, así como o dereito das persoas coa síndrome de Down a ter relacións afectivo-sexuais satisfactorias.

Coincidindo coa data na que se reúne a Comisión de Xustiza para tratar o fin desta práctica, Down España organiza a conferencia online “Aspectos xurídicos nas relacións sexuais das persoas con síndrome de Down”, con Cristóbal Francisco  Fábrega Ruiz, fiscal de Familia, Estranxeiría e Discapacidade (xoves, 10 de setembro – 19:00 horas)

Durante a mesma, o experto explicará os problemas legais da vivencia da sexualidade de persoas do colectivo, xerados polas condutas relacionadas coa idade madurativa. Doutra banda, o fiscal falará sobre as relacións afectivo-sexuais, a vida autónoma en parella ou a reprodución e coidado de fillos.

O enlace para poder acceder á conferencia, vía Zoom, é o seguinte: https://us02web.zoom.us/j/82522872733

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana
3 Abril, 2023
Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}