Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

A Consellería de Política Social colabora con varios programas formativos da Federación

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Consellería de Política Social colabora con varios programas formativos da Federación

11 Setembro, 2020

» A Consellería de Política Social colabora con varios programas formativos da Federación

A través das subvencións destinadas ao desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Política Social financiou parte das cinco accións formativas levadas a cabo por Down Galicia entre 2019 e 2020. Estas actuacións, das que puideron beneficiarse 137 persoas usuarias das distintas entidades Down de Galicia, contaron cun financiamento total de 122.900,82€ para a súa realización e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

O primeiro deles centrouse na preparación de oposicións autonómicas e estatais e tivo como principal obxectivo garantir ás persoas participantes a adquisición e mellora das competencias necesarias para presentarse a un proceso de oposición e superalo con éxito.

O segundo tiña por obxecto mellorar a alfabetización e exercitar as habilidades instrumentais básicas das persoas participantes, o que lles permitirá unha maior competencia social á hora de desenvolverse de maneira autónoma en actividades da súa vida cotiá.

O terceiro proxecto tiña como obxectivo a estimulación cognitiva das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, para mellorar e exercitar as funcións cognitivas nas persoas participantes como base para lograr unha mellora da autonomía, as habilidades prelaborais e da súa participación na comunidade.

Estes tres proxectos leváronse a cabo entre o 01 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020.

Finalmente, o cuarto e quinto proxecto centrábanse na especialización formativa. Desta maneira, un estaba enfocado á adquisición de competencias no ámbito da restauración (execución do 07/01/2020 ao 30/06/2020), mentres o outro faría o seu co perfil profesional de persoal de servizos xerais (execución do 01/02/2020 ao 30/04/2020).

Desde o mes de marzo de 2020, como consecuencia da declaración do estado de alarma pola crise sanitaria do COVID-19, a atención ás persoas participantes, que estaba formulada principalmente con carácter presencial, tivo que ser impartida a distancia a través do teletraballo e de diferentes medios telemáticos, conseguindo igualmente uns grandes resultados.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}