Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela

11 Setembro, 2020

» O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou esta mañá os convenios de colaboración para o 2020 coa Fundación Down Compostela, o Colexio de Avogados, Cáritas, Cociña Económica e a Fundación Secretariado Xitano. Estes acordos de colaboración financian diversas actividades realizadas ou a realizar neste ano 2020.

O convenio, asinado no Pazo de Raxoi polo presidente de Down Compostela, Juan Martínez, ascende a 10.498,00 euros e financiará o proxecto de vida independente “Isto é vida”. Este programa non está formulado como un recurso do que a persoa beneficiaria vaia facer uso toda a vida, senón que está deseñado para capacitar ás persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual para vivir no seu propio fogar, para planificar o seu futuro e para realizar os seus proxectos de vida.

Actualmente, as persoas usuarias da entidade Down participan en estancias curtas nunha vivenda que xeran experiencias de vida independente, na que o grupo é o encargado de establecer unhas normas de convivencia baseadas no respecto e na participación activa dentro do fogar e a contorna comunitaria.

As estancias consisten en estratexias planificadas de aprendizaxe e capacitación en autonomía e vida independente. Estas estadías teñen lugar entre semana, de luns a venres durante todo o ano, aínda que tamén se deseñan e desenvolven estancias nocturnas, durante a fin de semana.

O desenvolvemento das actividades ten lugar nunha vivenda do barrio compostelá de Fontiñas (cedido polo IGVS da Xunta de Galicia), onde as persoas usuarias levan a cabo as diferentes tarefas domésticas que a xestión dun fogar require. Deste xeito, e sempre coa supervisión e apoio do persoal da Fundación Down Compostela, acádanse, grazas á colaboración entre participantes, familias e profesionais, os obxectivos para os que naceu este proxecto.

Entradas relacionadas

Tres mozos de Down Coruña desfrutan da experiencia de vivir de forma independente
31 Agosto, 2023
O grupo de teatro de Down Compostela presenta este venres a comedia ‘A pantalla máxica’ no Teatro Principal
15 Xuño, 2023
Vota o proxecto de Down Lugo e colabora na mellora do seu proxecto de vida independente
29 Maio, 2023
Down Compostela entrega os seus décimos premios a Burger King, Escola Play e José María Fernández
22 Marzo, 2023
Down Compostela presenta en Ecuador o seu programa para a mellora das competencias dixitais
19 Xaneiro, 2023
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}