Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Carmen Brage, usuaria de Teima Down Ferrol, asina o seu contrato como celadora do Sergas

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Carmen Brage, usuaria de Teima Down Ferrol, asina o seu contrato como celadora do Sergas

18 Setembro, 2020

» Carmen Brage, usuaria de Teima Down Ferrol, asina o seu contrato como celadora do Sergas

Tras uns meses de espera pola situación xerada pola COVID-19, Carmen Brage Eibe, unha muller con discapacidade intelectual membro de Teima Down Ferrol, asinou por fin esta mañá o contrato que a converte en funcionaria do Servicio Galego de Saúde. Nunhas semanas comezará a súa andaina como celadora no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol tras conseguir unha das melloras notas no concurso-oposición convocado en 2018 pola administración autonómica e celebrado a comezos do pasado ano.

Nun acto presidido polo xerente da área sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva, un pequeno grupo composto por algunhas das persoas que acadaron as prazas ofertadas pola Xunta de Galicia, reservadas en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual, tomaron posesión das mesmas tras presentar a documentación requirida e elixir a praza desexada.

Carmen, que se amosa “moi contenta e con moitas ganas de empezar”, comezou a preparase hai dous anos e, aínda que ao principio tiña as súas dúbidas de se podería superar un proceso selectivo destas características, con constancia e traballo demostrou que era totalmente capaz. Durante meses, co esforzo por bandeira, Carmen dedicou moitas horas do seu día a día ao estudo desta oposición.

“Aínda non mo creo, ata que comece e me vexa no allo…”, comenta con felicidade. “Non o esperaba, porque todo o mundo dicía que había xente que levaba preparándose 7 ou 8 anos, pero despois de facer o primeiro exame vin que tiña posibilidades”.

Marta Álvarez, responsable da área de emprego e formación de Teima Down Ferrol, salienta “o esforzo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais na preparación destes procesos selectivos, xa que, na sociedade actual, dispoñer dun emprego é un principio fundamental, tanto para a inclusión social da persoa como para o desenvolvemento da súa personalidade e a súa autoestima”.

No acto, que tivo lugar no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide da cidade ferrolá, tamén participaron Francisco Martínez Otero, Director de Recursos Humanos da área sanitaria de Ferrol, e Pablo Piñeiro, responsable de celadores.

Cada ano son máis as persoas usuarias de entidades Down interesadas en conseguir unha praza nalgunha das ofertas de emprego público convocadas. Todas elas pasan meses, ou incluso anos, preparándose e esforzándose ao máximo, evidenciando deste xeito o interese do colectivo pola súa entrada ao mercado laboral.

O acceso ó emprego público para as persoas con discapacidade intelectual en xeral, e coa síndrome de Down, en particular, é unha das reivindicacións históricas da Federación Down Galicia e as súas entidades membro.

Entradas relacionadas

Persoas usuarias de Teima reivindican os seus dereitos con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña
10 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}