DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Carlota e Down Compostela poñen o broche de ouro á primeira tempada de ‘Hasta la vista’

‘Hasta la vista’ pecha a súa primeira tempada con Carlota e o Camiño Francés como protagonistas. Para este episodio tan especial, o equipo de produción de ‘Hasta la vista’ púxose en contacto coa organización de Down Compostela, que propuxo a Carlota para representar á Fundación. Co espírito aventureiro que lle caracteriza, aceptou sen dubidalo nin un segundo e pediu uns días libres na empresa para a que actualmente traballa informatizando datos. Por diante esperáballe unha experiencia inesquecible.

A protagonista do último capítulo da primeira tempada de ‘Hasta la vista’ é vital, gústalle moito bailar, ir ao cinema, pasear e é unha namorada da música: Café Quijano, Sergio Dalma, Andy e Lucas, Chayanne… Pero o que máis lle gusta é viaxar. VIAXAR, así, en maiúsculas; como se di coloquialmente, “apúntase a todo”. “A pesar da dor de pés, foi unha experiencia incrible”, aseguraba Carlota á súa chegada á Praza do Obradoiro. Durante o Camiño, a natureza converteuse na súa mellor compañeira contra a soidade.

A webserie, conformada por oito capítulos, móstranos os diferentes roteiros do Camiño de Santiago a través da mirada de diferentes peregrinos. Nacionais e internacionais; en bicicleta, por mar ou acompañados polos seus cans, a plataforma combina información dos diferentes roteiros e as experiencias máis persoais daqueles que os percorreron.

 

Un Camiño inclusivo

‘Hasta la Vista’ tivo, durante a súa primeira tempada, unha mirada global. O obxectivo da cámara acompañou a diferentes peregrinos que nos contaron as súas historias máis persoais. As de todos, sen excepción. O enfoque inclusivo na webserie non podía faltar, porque non relataría na súa plenitude todas as experiencias que se viven en cada unha dos roteiros, que sobordan espírito de superación. Así se reflectía no capítulo 6, onde Julia, Roberto e Dani percorrían o Camiño Portugués pola costa, demostrándonos que se poden superar todas as dificultades. Utilizando unha barra  direccional, Roberto, invidente, sentía a seguridade de percorrer o roteiro acompañado, pero coa liberdade de movementos que non lle permitiría ir da man doutra persoa.

 

Segunda tempada

Desde o primeiro episodio, no que Paco percorría a Vía da Prata para terminar desvelándonos ante a Catedral o segredo que lle levou a facer esta peregrinaxe, ata este último no que Carlota peregrinaba o Camiño Francés cun continuo sorriso na boca, os episodios puxéronnos os pelos de punta.

O listón está moi alto, pero ‘Hasta la vista’ xa está a preparar a súa segunda tempada. A nova entrega promete moitas sorpresas, pero polo momento só poden adiantarnos que todos os camiños levan… a Roma.

Entradas relacionadas
O Presidente da Deputación de A Coruña visita a sede de Down Compostela para coñecer as principais demandas da Fundación
13 Outubro, 2020
O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela
11 Setembro, 2020
Aberto o prazo para a solicitude de prazas nos campamentos xuvenís de verán da Xunta de Galicia
15 Xuño, 2020
Celebrada una nueva edición del Campeonato de Baristas Down de Galicia
9 Marzo, 2020
A doutora Mª José Fernández Seara, Xurxo Martiño e Emetel Sistemas, Premios Down Compostela 2020
6 Marzo, 2020
Down Lugo participa no programa Buxiganga e representa a súa obra “Soños” por toda a provincia
9 Decembro, 2019
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Ourense revalida o Sello ONG Acreditada outorgado pola Fundación Lealtad
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade