Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España pide calma e consenso na reforma da lexislación civil de apoio ás persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España pide calma e consenso na reforma da lexislación civil de apoio ás persoas con discapacidade

14 Outubro, 2020

» Down España pide calma e consenso na reforma da lexislación civil de apoio ás persoas con discapacidade

Nos próximos meses, e de aprobarse o Proxecto de Lei que se atopa nestes momentos en trámite parlamentario, vaise realizar no noso país unha reforma da lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica co obxectivo de adecuar o ordenamento xurídico español á Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, en concreto ao disposto no artigo 12 da Convención, relativo ao igual recoñecemento como persoa ante a lei das persoas con discapacidade.

Desde Down España entenden este Proxecto de Lei como un importantísimo avance, pero temen que non sexa o suficientemente ambicioso como para colmar as expectativas do movemento asociativo, das persoas con discapacidade e das súas familias. Trátase dunha modificación moi esperada, que chega con máis dunha década de atraso, e que previsiblemente non volverá retomarse ata dentro de moitos anos. Por iso, o seu proceso de aprobación debería realizarse sen présas, sen intereses partidistas e buscando o consenso coas organizacións de discapacidade.

Para Mateo San Segundo, presidente de Down España, “a importancia do proceso que finalmente se puxo en marcha require unha resposta á altura do avance que se pode conseguir. Consideramos que cun pouco máis de paciencia, tempo e debate pódese asegurar un texto que sirva de referencia para todo o ámbito mundial en relación á discapacidade”. San Segundo considera que estamos “ante unha oportunidade histórica que non debemos desaproveitar, xa que podemos impulsar un logro que será recoñecido no futuro como unha visión moderna, actual e ambiciosa en prol da igualdade xurídica ante a lei das persoas con discapacidade”.

O Proxecto de Lei pretende deixar atrás a tese defendida polo modelo rehabilitador da discapacidade -consistente en substituír a vontade ou autonomía da persoa con discapacidade- e evolucionar cara a un novo modelo baseado na plena dignidade da persoa con discapacidade, o recoñecemento da súa capacidade xurídica, a obrigación de prestar un sistema de apoios para a toma de decisións, e o establecemento de salvagardas adecuadas e efectivas para respectar ante todo a vontade e preferencias da persoa.

Baixo o punto de vista de Down España, o Proxecto de Lei adoece ás veces dunha visión antiga aínda excesivamente paternalista e protectora, ríxida nalgunhas ocasións, incompatible co espírito e os principios xerais da Convención. Desde a federación estatal sinalan a modo de exemplo, algúns supostos que, ao seu criterio, habería que mellorar:

    • Algunhas das modificacións propostas da Lei do Notariado (dos artigos 54.1 e 70.1 c) introducen diferenzas de trato a persoas con discapacidade non xustificadas. A necesidade de xustificación é imprescindible, xa que noutro caso podería estar a se incorrer en discriminación por motivo de discapacidade, proscrita na Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.
    • En canto ás modificacións do Código Civil, na reforma proposta dos artigos 121 ou 123 do código Civil óbviase a posibilidade da existencia de apoios voluntarios, non xudicializados, e na do artigo 137 dáse a entender que todas as persoas con discapacidade van estar suxeitas a curatela representativa. Iso evidencia o enfoque paternalista indicado máis arriba.
    • Doutra banda, na modificación do Título XI do Libro I do Código Civil, artigos 249 e seguintes, debería existir un recoñecemento expreso das medidas voluntarias. Se a clave sobre a que pivota o sistema é a superación dun sistema de substitución na toma de decisións por outro baseado no respecto á vontade e preferencias da persoa, que será a encargada de tomar as súas propias decisións, debe ser esta quen decida os apoios que necesita, co asesoramento no seu caso dun fedatario público como o Notario, antes que un xuíz ou xuíza decida por ela.
    • A modificación do artigo 263 do Código Civil, referido á garda de feito, é fiel reflexo do anterior, do uso excesivo de trámites xudiciais de maneira innecesaria, contravindo así o espírito da Convención. A intervención nos asuntos das persoas con discapacidade debe ser a estritamente necesaria para a súa protección, proporcional e adecuada ao fin que se persegue. Se o gardador de feito require autorización xudicial para cada acto, producirase un colapso maior dos tribunais, ademais dunha retardación na xestión do día a día das persoas con discapacidade. No texto do artigo confúndese, ademais, a acreditación da garda de feito coa autorización xudicial.
    • As modificacións introducidas á Lei de Protección Patrimonial das Persoas con Discapacidade, lonxe de mellorar a figura do Patrimonio Protexido e adecuala á Convención, complícaa, ao asimilar ao administrador do patrimonio protexido co representante legal, xudicializándoo, polo que se converte nunha figura destinada á extinción na práctica.

Por todo o anterior, desde Down España apelan ao bo criterio do Goberno de España e ao de todos os partidos políticos do arco parlamentario, para que fagan un último esforzo para poder pulir detalles como os indicados anteriormente ou noutros que procedan doutras organizacións, ben do CERMI, ben doutras entidades expertas participantes do mundo da discapacidade, podendo convocar a Cortes a expertos ou persoas de recoñecida experiencia e prestixio no mundo do dereito da discapacidade, todo iso en aras a obter un texto final acorde ao que se espera del, e sobre todo á altura da Convención.

Entradas relacionadas

Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Súmate ao movemento #GraciasPorTanto polo Día Mundial da Síndrome de Down -21M-
16 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}