Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O Parlamento de Galicia comprométese na loita contra a pobreza, o discurso do odio e a aporofobia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O Parlamento de Galicia comprométese na loita contra a pobreza, o discurso do odio e a aporofobia

21 Outubro, 2020

» O Parlamento de Galicia comprométese na loita contra a pobreza, o discurso do odio e a aporofobia

Os grupos políticos que compoñen o Parlamento de Galicia rachan de xeito rotundo coa crispación da política española e aproban por unanimidade unha Declaración Institucional que reafirma o seu compromiso na loita contra a pobreza e a exclusión social, o odio e a aporofobia. A acción foi proposta por EAPN Galicia -Rede Europea Contra a Pobreza- con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se celebra o 17 de outubro.

A Declaración apróbase nun contexto de crise sanitaria, social e económica derivada da pandemia pola COVID-19 e senta as bases do traballo a desenvolver na nova lexislatura perante as persoas en situación de pobreza ou exclusión social. De feito, recoñécese que ‘a crise sanitaria da COVID-19 afectou e está a afectar de xeito significativo ás persoas e familias cos ingresos máis baixos, con traballos precarios e baixa intensidade laboral e con outros factores de risco como a discapacidade, monoparentalidade, violencia machista (en especial por prostitución, trata ou explotación sexual), etnia, persoas maiores ou con dependencia, poboación rural, migrantes ou refuxiadas‘.

O texto reitera a urxencia de frear a transmisión da pobreza. En efecto, asegura que é ‘vital para o futuro demográfico de Galicia evitar a transmisión interxeracional da pobreza e que o 80% das nenas e nenos que hoxe viven en familias na pobreza estean condenados a sufrila o resto da súa vida, así como as súas fillas e fillos‘.

Os grupos parlamentarios tampouco esquecen o aumento dos discursos de odio e desprezo ás persoas en situación de maior vulnerabilidade: racismo, xenofobia, machismo, LGTBIfobia ou aporobia (odio ás persoas en pobreza). Apuntan que ‘os poderes públicos temos a responsabilidade de garantir as medidas necesarias para reducir as desigualdades sociais, combater a discriminación e favorecer o respecto, a tolerancia e a participación activa de todas as persoas‘.

Finalmente, a Declaración conclúe recoñecendo que ‘as persoas non son culpables da súa pobreza‘, ‘ninguén é culpable do seu sufrimento‘, ‘ningunha persoa é inútil‘, e que ‘nin a pobreza nin a exclusión social se combaten de xeito individual‘; facendo un chamamento a ‘non caer na ignorancia dos prexuízos, e de seguir avanzando na inclusión urxente das persoas que non se atopan en igualdade de condicións para a consecución dunha vida digna’.

Nun xesto que confirma estes compromisos, o propio presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta semana as demandas elaboradas por persoas en pobreza ou exclusión social no último Encontro Galego de Participación.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}