Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A investigación internacional realizada por T21RS ofrece novos datos sobre a relación entre COVID-19 e síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A investigación internacional realizada por T21RS ofrece novos datos sobre a relación entre COVID-19 e síndrome de Down

11 Novembro, 2020

» A investigación internacional realizada por T21RS ofrece novos datos sobre a relación entre COVID-19 e síndrome de Down

A sociedade científica Trisomy 21 Research Society (T21RS) continúa a investigación internacional sobre os efectos da COVID-19 nas persoas coa síndrome de Down. É o estudo máis extenso e completo deste tipo, no que se recolleron máis de 1000 casos de persoas coa síndrome de Down de todo o mundo. Os casos foron reportados por familias e por profesionais clínicos, recolléndose así toda a información dispoñible sobre as condicións de vida das persoas, posibles enfermidades preexistentes e curso da enfermidade.

Os resultados do estudo ata o momento, indican que as persoas coa síndrome de Down son un grupo moi heteroxéneo ante a enfermidade por COVID-19, cuxos factores de risco ante os resultados máis graves (hospitalización e falecemento) son similares aos da poboación xeral.

Entre eles atopamos a idade, a diabetes, a obesidade ou o sexo masculino, ademais de enfermidades cardíacas conxénitas, como factor de risco de hospitalización en persoas coa síndrome de Down. Con todo, é fundamental sinalar que, mentres que na poboación xeral o risco de resultados desfavorables ante a COVID-19 aumenta a partir de ao redor dos 60 anos, nas persoas coa síndrome de Down acentúase despois dos 40 anos (estímase que unha persoa coa síndrome de Down de 50 anos, asemellaríase en termos médicos ante a COVID a unha persoa de 80-85 anos sen síndrome de Down).

Por tanto, en base aos resultados deste estudo internacional, non podemos considerar ás persoas coa síndrome de Down menores de 40 anos como grupo extremadamente vulnerable polo feito de ter síndrome de Down, agás se padecen patoloxías previas de risco que lles inclúan dentro dos grupos vulnerables, como son as de obesidade, epilepsia ou demencia.

Por este motivo, e de igual maneira que ocorre coas orientacións cara á poboación xeral, recoméndase a todas as persoas con síndrome de Down evitar os comportamentos de risco e adoptar as precaucións necesarias para reducir a propagación da infección, como lavarse as mans frecuente e minuciosamente, o distanciamento social, o uso de máscara e a garantía de que as vacinacións recomendadas e os controis sanitarios estean ao día.

Para os maiores de 40 anos, aconséllase encarecidamente o bo uso da máscara, evitar as estancias prolongadas en espazos interiores ou non ventilados, a vacina da gripe estacional e neumocócica, así como manter un bo nivel de vitamina D (a través dunha alimentación saudable, contacto co exterior, toma de sol natural e suplemento vitamínico se fose necesario). Seguindo estas recomendacións, as condicións de risco redúcense e é moito máis probable evitar os contaxios e as complicacións que poden producirse ante a enfermidade.

Estudo de COVID-19 e síndrome de Down, informe do 24 de xullo de 2020, dispoñible facendo click aquí.

Estudo internacional sobre o impacto da COVID-19 en persoas con síndrome de Down de T21RS, dispoñible facendo click aquí.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}