Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Aberta a inscrición para o XX Encontro de Familias de Down España desta fin de semana

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Aberta a inscrición para o XX Encontro de Familias de Down España desta fin de semana

16 Novembro, 2020

» Aberta a inscrición para o XX Encontro de Familias de Down España desta fin de semana

Esta fin de semana –20 e 21 de novembro– terá lugar unha das citas anuais máis importantes para todo o colectivo da síndrome de Down en España: o XX Encontro de Familias de Persoas coa síndrome de Down. Esta edición perde por primeira vez a súa dimensión “nacional” e será o noso primeiro encontro internacional de familias, xa que poderán asistir persoas de calquera lugar do mundo grazas a que será 100% virtual. Ademais, tendo en conta a complicada situación económica pola que atravesan moitas familias, Down España decidiu que a inscrición ao encontro sexa por primeira vez gratuíta, e, desa forma, que ningunha persoa quede fóra, e máis aínda aquelas que máis o necesitan. Como sempre, a edición deste ano tamén será unha gran oportunidade repleta de debates, actividades para o intercambio de experiencias e conferencias sobre diferentes áreas relacionadas coa síndrome de Down. Esperámosvos!!

 

Acto inaugural do Encontro

Este venres 20 de novembro ás 19:00 h (hora peninsular de España), terá lugar o acto inaugural deste evento tan esperado, que xa xerou un enorme interese tanto en España como en América Latina e entre familias de fala hispana situadas en Estados Unidos e outros países do mundo.

O acto de inauguración será conducido pola popular xornalista e presentadora de informativos, Lourdes Maldonado e nel poderemos gozar, entre outras cousas, dunha actuación estelar do actor e humorista Santi Rodríguez, coñecido para o gran público polos seus papeis en «7 vidas» e «Gym Tony», entre outros. Tamén poderemos asistir a unha incrible actuación da compañía inclusiva de danza Psicoballet de Maite León.

 

Sábado, 21 de novembro

Durante a xornada seguinte –sábado 21 de novembro-, as persoas asistentes ao encontro terán a posibilidade de asistir a sesións formativas e debates conducidos por relatores e relatoras de máximo nivel sobre cuestións vitais para o colectivo como: os retos actuais que enfronta a síndrome de Down; o cambio cara a un novo modelo de vida adulta e envellecemento, e a situación das mulleres coa síndrome de Down hoxe.

Doutra banda, a recoñecida coach e psicóloga da Voz Kids, Paz Gómez Ferrer, ofrecerá unha sesión cargada de vitalidade e optimismo co obxectivo de axudarnos a xestionar as nosas emocións nestes difíciles momentos que nos está tocando vivir pola pandemia de COVID-19. Ademais do programa formativo, as familias poderán gozar de varias actividades como unha visita guiada a Caixa Fórum e outras sorpresas que contan coa participación de Javier Fernández, campión olímpico, bicampión do mundo e sete veces campión de Europa de patinaxe artística sobre xeo e de Antonio Najarro, bailarín, coreógrafo e director do Ballet Nacional de España (2011-2019).

Un programa completo de actividades lúdicas e formativas que non vos podedes perder!

 

Inscricións

O proceso de inscrición realizarase a través desta ligazón (pica na ligazón para inscribirte): Inscrición ao XX Encontro de Familias de DOWN ESPAÑA

Unha vez rexistrada, cada familia recibirá un correo electrónico confirmando a inscrición e no prazo duns días, outro correo no que se indica ligazón á aplicación web que creou Down España con toda a información do Encontro de Familias: programa, vídeos, acceso ás conferencias e debates, imaxes… Ademais, haberá un apartado para dúbidas, suxestións ou para intercambiar experiencias e comentarios facilitando así a interacción entre familias.

Para a celebración deste evento virtual tan especial, contamos co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, de Fundación ONCE e Fundación la Caixa.

Entradas relacionadas

As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Súmate ao movemento #GraciasPorTanto polo Día Mundial da Síndrome de Down -21M-
16 Marzo, 2022
#GraciasPorTanto, a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down homenaxe á sociedade
11 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}