DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Política Social colabora co proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Política Social colabora co proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

A través dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de setembro, a Consellería de Política Social contribúe ao financiamento das actuacións que Down Galicia está a desenvolver durante este ano 2020 no eido do envellecemento activo.

Este acordo, que achega á Federación cento corenta mil euros (140.000€), ten por obxectivo a realización dun proxecto de avaliación do envellecemento das persoas coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual, que está a beneficiar a aqueles membros da Federación en etapa adulta e ás súas familias.

Deste xeito, asegúraselles a adecuación dos recursos de atención e avaliación nesta etapa, para facilitarlles maiores oportunidades de envellecemento activo e saudable que fomenten a súa independencia e autonomía persoal, así como a mellora da súa calidade de vida.

As actuacións desenvoltas durante o período de vixencia do convenio son:

  1. Revisión do fondo bibliográfico, valorando diferentes investigacións sobre o envellecemento das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais para aproveitar os estudos, conclusións e liñas de actuación xa existentes.
  2. Difusión do proxecto entre as persoas usuarias que se beneficien das actuacións vencelladas ao mesmo.
  3. Actualización e aplicación de distintos protocolos, xa que supoñen unha medida anticipatoria dos síntomas que implica o proceso de envellecemento. Dentro desta actuación destacan:
    • Actualización do protocolo de avaliación e seguimento do envellecemento
    • Aplicación do mencionado protocolo ás persoas beneficiarias do proxecto coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual
  4. Análise de datos e de necesidades, a través do que se poderán extraer conclusións sobre temas como a idade na que se comezan a detectar os primeiros signos de deterioro cognitivo, relación entre envellecemento precoz e grao de discapacidade e relación entre envellecemento precoz e traxectoria de vida.
  5. Establecemento de liñas de actuación e recursos de apoio.

Unha vez obtidas as primeiras conclusións da análise de datos, será imprescindible darlle unha continuidade a través da identificación dos recursos e apoios que se consideran necesarios para dar resposta á atención das necesidades detectadas e referidas ás persoas coa síndrome de Down.

Aínda que a situación vivida neste ano 2020 está a ser excepcional por mor da pandemia provocada pola COVID-19, as actividades programadas ao abeiro deste proxecto non se viron afectadas pola actual situación sanitaria, xa que, en función do que cada entidade precisa en cada momento, combínase a atención de carácter presencial coa impartida a distancia.

A media da esperanza de vida das persoas coa síndrome de Down incrementouse de xeito significativo nos últimos anos, chegando incluso a superar os 60 anos. Os estudos amosan que as persoas con esta síndrome teñen un envellecemento prematuro e máis probabilidade de que este sexa patolóxico. Por iso é necesario traballar en torno ao envellecemento activo do colectivo e á súa participación en recursos comunitarios para maiores. Por outra banda, tamén é fundamental avanzar no coñecemento das persoas maiores coa síndrome e Down e das súas particularidades, favorecendo así unha mellor e máis axustada atención.

Entradas relacionadas
Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
7 Xaneiro, 2021
Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias
29 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia
2 Decembro, 2020
Down Galicia únese ao #GivingTuesday co seu proxecto para eliminar a fenda dixital
30 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade