Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia

20 Novembro, 2020

» CERMI e EAPN participan na Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural no Parlamento de Galicia

CERMI Galicia (Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade) e EAPN Galicia (Rede Galega de Loita contra a Pobreza), redes das que a Federación Down Galicia forma parte, participaron o pasado 17 de novembro na Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da COVID-19, organizada polo Parlamento de Galicia.

 

O CERMI propón oito medidas prioritarias

Durante a súa comparecencia, Iker Sertucha, presidente do CERMI Galicia, quixo reflectir as necesidades existentes que se deben ter en conta de cara á normalización e restablecemento dos servizos de atención ás persoas con discapacidade e as súas familias e deixar atrás un período de confinamento que afecta ao colectivo dende o mes de marzo, por mor da pandemia da COVID-19.

Sertucha expuxo oito medidas prioritarias para o futuro dos colectivos que forman parte do CERMI, entre as que destacan a posibilidade de contar cun fondo de reserva económico destinado ás entidades da discapacidade en Galicia para afrontar os custos económicos derivados da pandemia; adaptar e fomentar a información e a comunicación accesible para todas as discapacidades, así como intentar evitar que se dean situacións de fenda dixital; dar prioridade ás políticas sociais, educativas e de saúde nos orzamentos autonómicos do 2021 para o ámbito da discapacidade; ou fomentar que as empresas teñan en conta as particularidades da discapacidade no traballo a distancia; entre outras.

Pincha aquí para ver a intervención completa do presidente do CERMI Galicia

 

Emerxencia residencial, a principal demanda de EAPN

A presidenta de EAPN Galicia, Eloína Ingerto, comezou a súa intervención lembrando como a COVID-19 trouxo un agravamento notable da situación daquelas persoas máis afectadas e que apenas se beneficiaran da recuperación económica, en especial mulleres, mozas e mozos e nenas e nenos.

No seu discurso tamén se referiu á necesidade de loitar contra as causas da pobreza e a desigualdade dende un enfoque de dereitos, o que esixe fuxir do asistencialismo e asegurar non só a satisfacción incondicional das necesidades básicas senón tamén o dereito, non a obriga, a unha inclusión social activa.

Dentro das demandas abordadas pola EAPN, destacan a vivenda como obra pública e o emprego digno para erradicar a pobreza e a exclusión social. Ingerto quixo poñer de manifesto a situación de emerxencia residencial na que viven milleiros de familias galegas, recomendando a creación dunha Comisión parlamentaria sobre vivenda e exclusión residencial e a posta en marcha de medidas específicas como a erradicación do chabolismo e a infravivenda ou a promoción da rehabilitación e o alugueiro social.

No referente ao emprego, a presidenta da Rede apuntou a unha das demandas das persoas en pobreza ou exclusión social: “menos cursos e mais emprego“ e sinalou que o dereito á inclusión sociolaboral implica un acompañamento estable, personalizado e coordinado entre Servizos Sociais e Emprego.

Por último, entre outras cuestións, desde a EAPN Galicia tamén se lembrou o compromiso do Pleno de Investidura en blindar o orzamento da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA), asegurando a súa compatibilidade e subsidiariedade co Ingreso Mínimo Vital (IMV).

Pincha aquí para ver a intervención completa da presidenta de EAPN Galicia

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe garantir a efectividade da participación política das persoas con discapacidade
3 Maio, 2023
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda cun gran X na Praza da Quintana
3 Abril, 2023
Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}