Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19

27 Novembro, 2020

» Down Galicia solicita que se inclúa ás persoas coa síndrome de Down nos grupos prioritarios de vacinación contra a COVID-19

Tendo en conta o Plan de Vacinación Estatal contra a COVID-19, Down Galicia enviou unha solicitude á Consellería de Sanidade, incluíndo información relevante froito da investigación realizada por T21RS, que xustifica a conveniencia de incluír ás persoas coa síndrome de Down dentro dos grupos prioritarios de vacinación.

A Sociedade internacional de Investigación sobre a Trisomía 21 (T21RS) realizou un estudo que mostra que as persoas coa síndrome de Down, particularmente as que teñen máis de 40 anos e as máis novas con comorbilidades importantes, corren un maior risco de ter resultados máis graves tras a infección por COVID-19, incluíndo complicacións pulmonares secundarias (Información máis detallada facendo click aquí).

Por iso, e considerando os resultados iniciais da investigación, Down Galicia decidiu secundar aos expertos do Comité Médico Asesor da federación estatal Down España, que indicaron a conveniencia de incluír inmediatamente ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos e ás menores desa idade con  comorbilidades significativas dentro dos grupos de risco e, por tanto, prioritario para a vacinación, e de recomendar a inclusión do resto de persoas con esta alteración cromosómica por un principio de precaución.

Ademais, o Calendario Español de Vacinación recoñece un calendario de vacinacións específico para as persoas coa síndrome de Down, pola súa particular predisposición a padecer infeccións no tracto respiratorio, unido a unha menor resposta inmunitaria a certas vacinas. Por iso, xa forman parte do grupo prioritario para vacinas como a Hepatite B, a vacina  ntineumocócica ou a vacina antigripal.

Down Galicia espera que seguindo as directrices da Estratexia de Vacinación COVID-19 en España, se manteña a importancia do principio de atención ás persoas con discapacidade máis vulnerables, e dar prioridade por tanto ao grupo de poboación que conforman as persoas coa síndrome de Down.

Doutra banda, Down Galicia mostrouse á disposición da Consellería de Sanidade para ampliar ou profundar a información necesaria respecto a este asunto.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}