DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down España organiza unha xornada sobre educación inclusiva con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down España organiza unha xornada sobre educación inclusiva con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Down España celebra o vindeiro xoves 3 de decembro de 17:30 h a 20:30h (hora peninsular de España) ‘Experiencias e prácticas inclusivas’, unha cita na que os mellores profesionais en pedagoxía e ensino inclusiva participarán explicando as súas experiencias e as prácticas máis recomendables para favorecer este modelo educativo. O obxectivo é reflectir que a práctica inclusiva é posible se se opta realmente por “crear inclusión”.

A xornada, dirixida tanto a profesionais da educación, como a familias de persoas coa síndrome de Down, será en liña, gratuíta e accesible desde calquera punto, xa que se realizará vía Zoom. Durante a sesión, tentarase aclarar as dúbidas que poida espertar a educación inclusiva e compartir experiencias que poidan servir de exemplo. Para iso, o presidente de Down España, Mateo San Segundo, iniciará a xornada analizando a situación da educación inclusiva en España e porque é necesaria unha transformación da escola no noso país cara a un modelo moito máis participativo e inclusivo para o alumnado con discapacidade intelectual.

Pola súa banda, o pedagogo Antonio Márquez e a asesora de educación inclusiva de Down España, Ana Belén Rodríguez, explicarán experiencias reais en diferentes colexios inclusivos. Ademais, indicarán como debe ser a docencia compartida e o apoio educativo dentro da aula.

Despois, as persoas asistentes a esta xornada virtual, poderán coñecer as experiencias como orientador e como docente de Juan Fontanillas e de José Manuel González. Estes expertos centraranse en explicar en qué consiste o ensino multinivel e o Deseño Universal de Aprendizaxe na aula e o papel do orientador ou orientadora na educación inclusiva.

Para finalizar, e tendo en conta as circunstancias tan complexas que vivimos hoxe en día debido á pandemia, a directora do centro Príncipe Felipe, Mª Carmen Medina, detallará como debe ser ese proceso de transformación cara á educación inclusiva en tempos de COVID.19. Ademais, a familia González compartirá con todas as persoas asistentes a súa experiencia e a importancia do papel das familias en relación ao proceso mencionado.

Ao termo de cada un dos paneis desta xornada, realizada en colaboración co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, haberá un momento dedicado aos rogos e preguntas.

Enlace de acceso á xornada: https://us02web.zoom.us/j/85024815559

Entradas relacionadas
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down España lanza a aplicación de saúde para persoas coa síndrome de Down ‘Salud Down’
11 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
Éxito de participación no 20º Encontro de Familias de Down España
23 Novembro, 2020
Aberta a inscrición para o XX Encontro de Familias de Down España desta fin de semana
16 Novembro, 2020
Down España pide calma e consenso na reforma da lexislación civil de apoio ás persoas con discapacidade
14 Outubro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade