Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia

2 Decembro, 2020

» O IGAPE colabora co proxecto contra a fenda dixital da Federación Down Galicia

Cunha achega de 9.600 euros, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), axencia adscrita á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para o desenvolvemento económico de Galicia, colaborou neste 2020 co proxecto “Banco de recursos para superar a brecha dixital de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” de Down Galicia.

Debido á situación que está a atravesar o noso país a raíz da pandemia orixinada pola COVID-19, a Federación Down Galicia puxo en marcha unha serie de medidas de carácter extraordinario, que garanten que os programas e as actuacións que se estaban executando antes da crise sanitaria poidan seguir desenvolvéndose nas mellores condicións posibles, tanto para as persoas destinatarias das mesmas, como para os e as profesionais que as levan a cabo.

Ante esta nova realidade, as entidades Down precisan dispoñer dun equipamento tecnolóxico que asegure que todas as persoas usuarias poidan seguir beneficiándose das actividades organizadas, e tamén que o equipo de profesionais poida desenvolver o seu traballo mantendo a eficacia e a eficiencia da intervención e atención ás persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e as súas familias.

Aínda que é certo que as entidades de Down Galicia melloraron substancialmente o seu equipamento tecnolóxico nos últimos anos, a realidade coa que nos atopamos a raíz da pandemia é que existe unha parte das nosas persoas usuarias e familias que non dispoñen nos seus domicilios do equipamento informático necesario para poder seguir beneficiándose dos servizos prestados.

Deste xeito, e grazas á achega do IGAPE, a Federación puido adquirir material informático que permite levar a cabo unha atención telemática e a distancia de calidade ás persoas usuarias das entidades Down. En concreto, Down Galicia fíxose con 17 tabletas, 11 portátiles e 5 altofalantes, creando un banco de recursos para o seu préstamo temporal a aquelas familias que se atopan nunha situación de fenda dixital.

Esta achega enmárcase dentro das axudas a proxectos de dixitalización da Xunta de Galicia para facer fronte á situación provocada pola COVID-19, susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}