Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá

10 Decembro, 2020

» Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá

Un paso á fronte decidido e acorde á Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU para garantir unha educación inclusiva. É o que demandan as federacións Down Galicia e Down España tras a aprobación no Congreso da nova lei educativa LOMLOE. As entidades solicitan que o Goberno estatal e a Xunta de Galicia deixen atrás o medo á renovación pedagóxica e invistan nunha educación de calidade para todo o alumnado, pois a gran maioría dos alumnos coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais que asisten a centros ordinarios non recibe os apoios necesarios.

Ambas organizacións recoñecen o avance que implica, no tocante a favorecer a educación inclusiva, a aprobación no Congreso da LOMLOE, coñecida mediáticamente como lei Celaá. Con todo, consideran que non é suficiente, xa que a lei non garante unha educación inclusiva de calidade e para todo o alumnado, nin a achega económica necesaria para levala a cabo. Por iso, Down Galicia e Down España piden ao Goberno estatal que concrete as súas intencións de mellorar a inclusión do alumnado con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais a través dun Plan Nacional para a Inclusión Educativa.

Esta pretensión está máis que xustificada de acordo ao ordenamento xurídico vixente, pois España ratificou no ano 2008 a Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade da ONU, que obriga a garantir o dereito a unha educación inclusiva de calidade para todos os nenos e nenas con discapacidade. A realidade é outra, a inmensa maioría do alumnado con síndrome de Down, discapacidade intelectual ou con necesidade de apoio educativo non tendo discapacidade algunha asisten a centros ordinarios sen recibir o apoio, atención e inclusión que precisan e ao que teñen dereito.

O sistema educativo necesita unha revisión profunda: non se trata só de incluír e facer partícipe a todo o alumnado nos centros ordinarios, senón de ofrecer as garantías para unha educación inclusiva real. Para iso, é necesario desenvolver novas metodoloxías e non centrar este novo modelo nos diferentes déficits do alumnado, senón en eliminar as barreiras para a aprendizaxe de todos os alumnos, con independencia de se teñen ou non discapacidade. Trátase de crear un novo modelo de escola centrada nas potencialidades do alumnado e non nas súas limitacións, para asegurar o progreso de todos e todas, con independencia das súas características.

O investimento para unha educación de calidade, chave da trasformación

España, tal e como se recolleu en diversos informes do Comité de Seguimento da Convención dos Dereitos sobre as Persoas con Discapacidade das Nacións Unidas, está lonxe de conseguir a inclusión plena do alumnado con discapacidade. E o problema non é só a falta de dotación económica e de apoios dos centros ordinarios, vital para lograr o obxectivo, senón que tamén radica nunha falta de vontade e de compromiso á hora de incluír aos nenos e nenas con discapacidade nos centros ordinarios e na carencia de plans de formación do profesorado para atender á diversidade do alumnado.

Doutra banda, Down Galicia e Down España consideran imprescindible diminuír as ratios de alumnos por profesor, xa que un número elevado imposibilita unha atención máis personalizada, así como aumentar considerablemente a contratación de persoal docente. O balance actual é un sistema educativo que vai en contra da tendencia de países pioneiros a nivel educativo como Finlandia, que contan con ratios máis baixas e con profesores de apoio na aula, ademais dunha alta cualificación do docente para atender a todo o alumnado, con independencia das súas características.

A alta cualificación do profesorado require dun labor continuo de formación e investigación en prácticas educativas inclusivas e pioneiras que os manteña preparados para realizar o seu labor profesional. Trátase de converter ao profesorado en axentes de transformación educativa nas escolas. Algo que se considera primordial naqueles países que están nestes momentos entre os mellores do mundo en materia de inclusión educativa. Só así se logrará que profesores e alumnos, con e sen discapacidade, poidan beneficiarse dunha escola para todos e todas, dunha escola inclusiva.

Desde Down Galicia pedimos ao Goberno estatal e á Xunta de Galicia que deixen atrás as inercias e medos á renovación pedagóxica e invistan nunha educación de calidade para todo o alumnado, con independencia das súas características. A federación considera que é o momento de actuar con valentía, con respecto ás leis e contar co talento e coñecemento experto que ten a comunidade educativa. Só así se conseguirá que os nenos e nenas con discapacidade reciban a educación de calidade que por dereito correspóndelles.

Entradas relacionadas

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Down Galicia lanza unha guía cos principais recursos sobre atención sanitaria de persoas coa síndrome de Down
15 Febreiro, 2023
Down Galicia recibe unha axuda extraordinaria para afrontar o impacto económico do incremento do gasto de persoal nas súas entidades polo convenio colectivo de aplicación
13 Febreiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}