DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down España lanza a aplicación de saúde para persoas coa síndrome de Down ‘Salud Down’

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down España lanza a aplicación de saúde para persoas coa síndrome de Down ‘Salud Down’

O pasado 10 de decembro tivo lugar a presentación da app Salud Down de Down España, unha aplicación móbil na que as persoas usuarias atoparán consellos e información moi práctica sobre a saúde das persoas coa síndrome de Down, así como calendarios coas súas citas médicas, recomendacións de profesionais e moitas outras utilidades. Durante a presentación, o  presidente de Down España, Mateo San Segundo, o Director General de Políticas de Discapacidad, Jesús  Celada, o noso experto asesor médico, o doutor José María Borrel, e a técnica de programas de Saúde da Federación, Coral Manso, explicaron en que consiste Salud Down e por que se presenta como unha das aplicacións máis útiles para o colectivo de persoas coa síndrome de Down e as súas familias.

“O obxectivo principal desta aplicación é favorecer o acceso a recursos e a información relacionada coa saúde das persoas coa síndrome de Down e fomentar así o seu coidado”, sinalou Coral Manso.

Segundo explicou San Segundo, “en Down España estamos seguros de que esta vai ser unha moi boa ferramenta para as persoas coa síndrome de Down e para as súas familias. Esperamos poder contribuír a mellorar a autonomía das persoas do noso colectivo con respecto á súa saúde”. “Todos os avances en saúde permitiron que agora as persoas do colectivo vivan máis anos, leven unha vida moito máis normalizada e que se poidan levar a cabo moitos proxectos de vida. Esta aplicación é outro deses avances”.

Pola súa banda, Jesús Celada quixo contextualizar o lanzamento desta aplicación móbil tendo en conta que se empezou a deseñar ao comezo da pandemia provocada pola COVID-19. “Este período saltou alertas e deixou en evidencia numerosos aspectos en relación ás saúde das persoas con discapacidade”. Por iso, segundo explicou o Director General de Políticas de Discapacidad, esta ferramenta axudará ás persoas do colectivo no ámbito da saúde: “convido a que as persoas coa síndrome de Down e as súas familias se descarguen esta aplicación, non podemos deixar a ninguén atrás”.

Por último, o membro do Comité Médico Asesor de Down España, e parte do equipo Saúde Down, José María Borrel, indicou o seu desexo de que “esta poida ser a ferramenta útil que lle faltaba ao colectivo de persoas coa síndrome de Down, as súas familias e os profesionais que lles atenden”. “É un app pioneira, viva e suxeita a todos os cambios e actualizacións que sexan necesarios. É só o comezo, pero esperamos poder ir dando resposta ás consultas de familias e do persoal sanitario e sociosanitario”, explicou.

Despois destas intervencións, Coral Manso, como membro do grupo de traballo que deseñou e xestionou a aplicación, explicou todas e cada unha das funcionalidades desta ferramenta, así como o proceso de rexistro e descarga para poder utilizala. Algunhas das áreas ou apartados de Salud Down son: Información actualizada e noticias relacionadas coa saúde das persoas con síndrome de Down, unha guía saúde, un mapa de España onde se indica onde traballan os mellores especialistas médicos nesta  trisomía co seu contacto, información sobre exploración da saúde e control de saúde por idades e con diferentes partes do corpo, información sobre a síndrome de Down en xeral, calendario-axenda con citas médicas ou revisións, notificacións, etc.

Esta aplicación, creada en colaboración co Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social e con Alma Tecnológica, pode ser utilizada en todo o mundo, aínda que os profesionais que se indican traballan en España.

Para descargar Salud Down en dispositivos iOS, pincha nesta ligazón.

Para descargala en dispositivos Android, pincha aquí.

Entradas relacionadas
Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
17 Febreiro, 2021
Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
14 Xaneiro, 2021
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
Down España organiza unha xornada sobre educación inclusiva con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade
30 Novembro, 2020
Éxito de participación no 20º Encontro de Familias de Down España
23 Novembro, 2020
Aberta a inscrición para o XX Encontro de Familias de Down España desta fin de semana
16 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade