A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o delegado territorial da Xunta na provincia lucense, Javier Arias, visitaron o pasado 11 de decembro as novas instalacións de Down Lugo para coñecer de primeira man a ampliación levada a cabo no local que a entidade ten na cidade das murallas.
A través da distribución dos fondos do 0,7% do IRPF, o goberno galego sufragou parte dos gastos derivados desta obra no local, achegando á entidade Down máis de 100.000€.
Durante a súa visita, a conselleira destacou que esta ampliación suporá unha mellora importante na atención que actualmente están a recibir as 72 persoas da provincia de Lugo que asisten aos distintos programas que leva a cabo a entidade.
Además, Fabiola García agradeceu e puxo en valor o papel das entidades como Down Lugo, que traballan a diario para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e a das súas familias.