Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade

18 Decembro, 2020

» O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) e os CERMIS Autonómicos manifestaron a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade e pediron que sexa unha das prioridades na axenda política estatal, rexional e local.

Así o puxo de manifesto durante a Conferencia CERMI Territorios celebrada este martes de forma telemática, na que se repasaron diferentes cuestións como a situación da discapacidade nos diferentes puntos da xeografía española.

Desta maneira, durante a reunión, a plataforma da discapacidade puxo de relevo a situación do emprego das persoas con discapacidade e incidiu na caída que sufriu. “Viñamos dunha tendencia positiva e á alza, aínda que moi tímida, nos últimos anos”, pero coa chegada da pandemia “vimos como se esborrallou a contratación, reducíndose un 30% en 2020”.

Neste sentido, recalcouse o labor que o CERMI fixo durante estes anos para contribuír ao aumento da taxa de actividade, á redución do desemprego das persoas con discapacidade e a apostar por mecanismos para que haxa unha maior presenza destas persoas na actividade produtiva.

Da mesma maneira, o movemento CERMI incidiu en que o papel do estado en políticas de emprego vai ser “mínimo” debido a que, segundo asegura, “o goberno actual defende un modelo autonómico” e por iso asegurou que “é fundamental o papel dos CERMIS autonómicos no ámbito territorial”.

Ademais, púxose sobre a mesa a necesidade de establecer unha estratexia común sobre emprego a nivel estatal e autonómico debido a que é “fundamental” abordar a inclusión laboral de persoas con discapacidade desde a cohesión territorial.

Por outra banda, expuxo a súa preocupación pola estratexia de activación para o emprego que se está poñendo en marcha desde o goberno debido a que segundo asegura o Movemento CERMI “existe un grupo de traballo de discapacidade no que esta plataforma non está presente”.

De igual modo, os diferentes CERMIS Autonómicos repasaron a situación do emprego das persoas con discapacidade en cada comunidade ou cidade autónoma poñendo de relevo as diferentes políticas que se foron adoptando en cada territorio en materia de inclusión laboral, así como o labor que teñen estas plataformas como interlocutores sociais.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}