DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» “Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”

Conscientes da crise sanitaria actual, as persoas usuarias do programa de emprego de Down Coruña quixeron reflexionar sobre a importancia de manter os seus postos de traballo, así como de non perder a esperanza de que as súas oportunidades chegarán, no caso daquelas que están en proceso de procura de emprego.

Durante a súa conversación, Miguel Taibo, usuario da entidade, quixo compartir os seus recordos e a súa experiencia desde os seus inicios laborais. Pasaron nin máis nin menos que 11 anos desde que empezou a traballar en Alcampo.

Lembra os seus inicios con ilusión, destacando que era a súa “primeira experiencia laboral e quería crear boa sensación”.

“Lembro o apoio do preparador laboral, que ao principio estaba moito tempo comigo ensinándome, e que a miña coordinadora Ana dicíame “Ti e eu farémonos vellos aquí”, e aquí seguimos…”, comentaba Miguel.

Ante a pregunta de en que cría que tiña cambiado ao longo destes 11 anos, Miguel non dubida en destacar que nunca se imaxinou estar a traballar cos seus compañeiros e compañeiras tanto tempo e destaca que ao principio era máis calado e agora relaciónase máis con todos e todas elas.

Sinala que segue sendo moi feliz no seu traballo. “Noto que madurei, estou pendente de cobrar a fin de mes e xestiono o meu diñeiro. Cos cartos que gaño, entre outras cousas, pago a cota do Deportivo da miña nai e a miña, fago agasallos á miña familia e convido os meus amigos e amigas a tomar algo”.

“Estou moi orgulloso do que conseguín. Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”.

Entradas relacionadas
Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal
23 Decembro, 2020
Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra
19 Decembro, 2020
Down Coruña edita o seu Calendario Solidario co desexo dun 2021 cheo de diversidade e inclusión
15 Decembro, 2020
A Deputación de Ourense apoia de novo a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down da provincia
24 Novembro, 2020
Un novo emprego para loitar en primeira liña contra a pandemia
5 Novembro, 2020
Down Vigo e a empresa de automoción Magna Seating asinan un convenio de colaboración para facilitar a inclusión laboral do colectivo
29 Outubro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down Vigo expón na sede da Deputación de Pontevedra os tapices da colección “El viaje de mi vida”
  • Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar
  • Down Galicia celebra a exención do copago farmacéutico aos menores con discapacidade
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
COLABORADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade