DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» Down España publica unha guía con información clave sobre a elección de centro e a matriculación escolar

Necesitas información sobre o proceso de matriculación escolar para o vindeiro curso 2020/2021? Para tentar facilitar este proceso, especialmente aos pais e nais de nenos e nenas coa síndrome de Down, Down España publicou hai uns meses a guía Novo curso escolar. Claves para as familias.

A través desta publicación, os expertos en educación da federación estatal esperan poder resolver as dúbidas que poidan xurdir ás familias de cara ao novo e complexo curso 2021/2022, pois debido á pandemia provocada pola COVID-19, son numerosas as cuestións que os pais e nais se formulan.

Os principais asuntos que trata esta completa guía refírense á toma de decisións en relación á elección de centro escolar: que centro elixir, como é o centro o idóneo ou como elixir un novo colexio. Desta forma, Down España quere axudar aos pais e nais do alumnado coa síndrome de Down, tendo en conta oito claves:

  • Elección do centro
  • Coñecer o quen e como da preinscrición e a matriculación
  • Participación das familias na avaliación psicopedagóxica
  • Ditame de escolarización
  • Coñecer os apoios e axustes razoables
  • Participación da familia na escola: onde e como
  • Coñeza e presente ao seu fillo/a ao seu titor/a
  • Non esquecer

Quizá o último punto sexa un dos máis esenciais, pois lembra aos pais que a educación inclusiva é un dereito e que unha familia que coñece os dereitos do seu fillo ou filla é unha familia con mellores ferramentas para garantir a educación inclusiva. Os pais e nais teñen dereito a participar e apoiar na evolución do proceso educativo dos seus fillos e fillas, así como coñecer as decisións relativas á avaliación e promoción, e colaborar nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os centros para facilitar o seu progreso educativo.

A guía está dispoñible en castelán facendo click na seguinte ligazón: Novo curso escolar. Claves para as familias.

Entradas relacionadas
Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
17 Febreiro, 2021
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
22 Xaneiro, 2021
Down España lanza a aplicación de saúde para persoas coa síndrome de Down ‘Salud Down’
11 Decembro, 2020
Down Galicia e Down España demandan un Plan Nacional pola Inclusión Educativa que concrete as propostas da lei Celaá
10 Decembro, 2020
Down España organiza unha xornada sobre educación inclusiva con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade
30 Novembro, 2020
Éxito de participación no 20º Encontro de Familias de Down España
23 Novembro, 2020
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • Down España esixe que non se abandone ás persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Xunta subvenciona a contratación de 10 persoas para postos técnicos da Federación durante o último período
  • Down España publica a nova guía afectivo-sexual das persoas coa síndrome de Down
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade