Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España

5 Febreiro, 2021

» Down Vigo participa no Campus Oportunidades para a Inclusión 2021 de Down España

Down España inaugurou o pasado venres a primeira Xornada de Coordinación Nacional do Proxecto Campus Oportunidades para a Inclusión, no que participa Down Vigo por segundo ano consecutivo. O proxecto baséase no desenvolvemento de accións formativas para que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais adquiran ou completen as súas competencias a través da colaboración con estudantes universitarios.

Na edición deste ano, xunto a Down Vigo colaboran as entidades de Badaxoz, Huesca, Granada e Lleida, ademais do Ministerio de Educación e Formación Profesional. O eixo central desta edición será a creatividade literaria entre os mozos e mozas. No caso de Down Vigo, a asociación seguirá apostando polas accións formativas inclusivas no ámbito universitario, que actualmente se están desenvolvendo grazas ao programa ALIDA, cunha segunda promoción, e ao Curso de Especialización, enfocado ao sector empresarial.

Así, a entidade achegará o seu punto de vista baseado na experiencia de implicar ao colectivo universitario nunha formación inclusiva, dándolles a oportunidade de convivir, relacionarse en diversidade e desenvolver competencias eficaces vinculadas á inclusión escolar e social do alumnado coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. A vinculación dos e das estudantes coa proposta pedagóxica establecerase, preferentemente, a través de metodoloxías de aprendizaxe-servizo.

As accións do Campus Oportunidades para a Inclusión levaranse a cabo en tres tipos de contextos inclusivos: educativos (facultades universitarias, centros de educación de persoas adultas, centros de formación profesional, etc.), culturais (asociacións culturais, centros culturais, museos, etc.) e sociais (asociacións de persoas con discapacidade, asociacións de veciños e veciñas, centros de desenvolvemento social, etc.).

Entradas relacionadas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}