Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”

28 Febreiro, 2021

» Down España impulsa o programa de acompañamento familiar “Familias Escucha”

Down España impulsa un novo proxecto centrado en acompañar ás familias nos primeiros momentos, desde o nacemento do seu bebé con síndrome de Down ou mesmo desde o diagnóstico. Para iso, os expertos e expertas da Rede Nacional de Atención Temperá elaboraron unha publicación que recolle a súa experiencia no proceso de acompañar ás familias e conectalas con outras que pasaron por situacións similares.

O programa diríxese principalmente aos equipos profesionais e ao conxunto de familias das entidades federadas que van constituír equipos de Familias Escucha, pero tamén a profesionais do ámbito sanitario ou de servizos sociais que estarán implicados en ofrecer o programa ás novas familias.

Este programa é unha das propostas do protocolo de comunicación de primeira noticia de Down España. Consiste nun conxunto de actuacións para acoller ás novas familias no momento de aceptación inicial do diagnóstico de síndrome de Down, desde a igualdade, facilitándolles o contacto con outras familias que pasaron por unha experiencia parecida, de modo que poidan ofrecerlles comprensión e modelos de afrontamento positivo.

A federación nacional considera que, para que este encontro entre familias poida desenvolverse con garantías, tanto para a familia acollida como para a que acolle, as entidades deben planificar algunhas accións como a difusión e  coordinación con servizos sociosanitarios que garantan o acceso ao programa daquelas familias que o desexen, e a creación dun equipo de Familias Escucha nas entidades cunha preparación específica para afrontar con éxito unha tarefa que mobiliza tantas emocións en ambas familias.

A publicación Familias Escucha, elaborada coa colaboración do Ministerio Sanidade, Consumo e Benestar Social, atópase dispoñible picando aquí.

Entradas relacionadas

As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Súmate ao movemento #GraciasPorTanto polo Día Mundial da Síndrome de Down -21M-
16 Marzo, 2022
#GraciasPorTanto, a campaña para o Día Mundial da Síndrome de Down homenaxe á sociedade
11 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}