Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O CERMI Galicia organiza un encontro online para dar visibilidade ás mulleres con discapacidade coidadoras

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI Galicia organiza un encontro online para dar visibilidade ás mulleres con discapacidade coidadoras

4 Marzo, 2021

» O CERMI Galicia organiza un encontro online para dar visibilidade ás mulleres con discapacidade coidadoras

O presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández, e a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentaron esta mañá a xornada “Mulleres con discapacidade coidadoras” organizada pola Comisión de Muller do CERMI autonómico, da que forma parte a Federación Down Galicia.

Luciano Fernández comezou a súa intervención falando dunha unión que parece inseparable: a de muller e coidados, xa que “cando falamos de mulleres e coidados parece que estes dous conceptos estivesen sempre unidos, como se fose un rol predeterminado para tódalas mulleres, e que debe ser aceptado sen máis. Imaxinade entón cando falamos das mulleres coidadoras con discapacidade. Nestes casos, o rol de coidadora tórnase aínda máis complexo, e condena á muller a una dobre discriminación”.

Neste sentido, o presidente do CERMI galego quixo resaltar a necesidade de que haxa vontade para cambiar esta realidade porque aínda que “podemos falar de que existen ferramentas legais que poden tratar de cambiar esta situación, se non hai vontade de cambio é moi difícil que a situación mellore”.

Pola súa banda, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, incidiu na necesidade de dar visibilidade a un tema que estaba na sombra: as mulleres con discapacidade coidadoras. “Temos un reto por diante, pero vexo que nos últimos anos temos avanzado moito e, polo tanto, póñome á vosa disposición para continuar traballando”.

O encontro online contou co testemuño de coidadoras de persoas con discapacidade, nais con discapacidade e mulleres con fillos con discapacidade pertencentes a diferentes entidades de Galicia (Fademga, FAXPG, Down Galicia, Feafes, Fegadace, Fagal e Cogami) que deron voz a este colectivo invisibilizado socialmente.

Por parte de Down Galicia participou María José Domato, familiar dunha persoa usuaria de Down Pontevedra Xuntos, que compartiu a súa experiencia como promotora da autonomía persoal da súa familiar con discapacidade.

 

Conclusións da xornada

As intervencións da xornada quedaron resumidas en 8 puntos que resumen a situación dun colectivo invisibilizado socialmente:

  1. O papel de coidadora segue a recaer sistematicamente sobre as mulleres.
  2. As mulleres coidadoras vense na obriga de renunciar a un emprego, salario, estudos, etc., xa que a etapa de coidadora dura toda unha vida.
  3. É común que estas mulleres perdan a súa vida social e amizades, quedando illadas.
  4. Ser coidadora é una profesión non remunerada nin recoñecida. Non ten horarios nin condicións.
  5. En moitos casos, non se entenden (nin se atenden) as queixas das coidadoras, negándose a existencia de depresións, demencias e todo tipo de problemas derivados do traballo de coidadora.
  6. O esgotamento da coidadora pode converterse nunha nova enfermidade. Quen coida á coidadora?
  7. Só recentemente se puxeron en marcha algúns programas de respiro, que son claramente insuficientes.
  8. O traballo das coidadoras a tempo completo supón un impresionante aforro para as Administracións, pois deixan en mans das mulleres a atención domiciliaria. Canto costaría atender nun so día a todas as persoas con discapacidade dependentes que actualmente están a coidar moitas mulleres na casa?

Finalmente, a periodista Isabel Quintairos, moderadora da xornada, quixo rematar facendo un chamamento: “Hai que coidar ás coidadoras. Hai que relevar ás coidadoras. E algún día, hai que pagar ás coidadoras”.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}