Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

O CERMI Galicia demanda que se inclúa ás persoas usuarias de centros de atención á discapacidade na estratexia de vacinación contra a COVID-19

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O CERMI Galicia demanda que se inclúa ás persoas usuarias de centros de atención á discapacidade na estratexia de vacinación contra a COVID-19

5 Marzo, 2021

» O CERMI Galicia demanda que se inclúa ás persoas usuarias de centros de atención á discapacidade na estratexia de vacinación contra a COVID-19

O CERMI Galicia (Comité autonómico de Representantes de Persoas con Discapacidade) vén de demandar que se inclúa ás persoas usuarias da súa rede de centros de atención, todas elas en situación de especial vulnerabilidade, no Plan Galego de Vacinación fronte ao SARS-Cov-2, ao tempo que demanda á Xunta de Galicia que se cumpra coa orde establecida de grupos de priorización no actual programa de inmunización.

O CERMI Galicia aglutina ás doce principais federacións de discapacidade no ámbito autonómico: Aspace Galicia, Autismo Galicia, Cegasal, Cogami, Down Galicia, Fademga Plena Inclusión Galicia, Saúde Mental Feafes Galicia, Federación Alzheimer Galicia, Federación de Asociacións de Personas Xordas, Federación Galega de Dano Cerebral, Predif Galicia e ONCE. Estas entidades representan a máis de 200.000 persoas con discapacidade e, á súa vez, reúnen a ducias de asociacións de base que xestionan todo tipo de centros de atención diúrna, residencial e ocupacional, e outros recursos de atención, formación, rehabilitación, orientación, etc., dirixidos ás persoas e familias con discapacidade.

Desde o CERMI Galicia quérese chamar a atención da desigualdade creada no actual programa, que inclúe ás persoas con discapacidade institucionalizadas en residencias (grupo de priorización 1), así como a aquelas dependentes grao III (grupo de priorización 4), deixando de lado ao resto de situacións de discapacidade e dependencia, que de maneira sistemática presentan pluripatoloxías e outras situacións que colocan a súa saúde en situación de especial vulnerabilidade.

A situación de desigualdade acrecéntase coa inclusión no programa de vacinación dos equipos profesionais de atención. O grupo de priorización 3 inclúe no apartado 3B a “outro persoal de ámbito sanitario”, de maneira que se cobre ás profesionais, pero non ás persoas usuarias dos centros, relegándoas a unha situación de vulnerabilidade altamente preocupante, con diversas repercusións non só a nivel de risco de contaxio por coronavirus.

As entidades membro do CERMI Galicia teñen detectado un abandono da asistencia aos centros por medo a contaxios que tamén ten repercusións, moitas veces irreversibles, na rehabilitación (deterioro e perda de capacidades) e na inclusión social.

Desde o CERMI Galicia reclámase que se reestruture o programa de vacinación, tendo en conta os exemplos doutras comunidades autónomas nas que se vacinou ao mesmo tempo aos equipos profesionais e persoas usuarias dos centros de atención á discapacidade, blindando desta forma aos dous colectivos e convertendo ás asociacións e centros en espazos seguros fronte á COVID-19.

 

Incumprimentos do plan vixente

Ademais, as entidades do CERMI Galicia denuncian incumprimentos e retrasos no programa de vacinación vixente. As doce entidades teñen detectados casos, en todas as áreas sanitarias, de vacinación non administrada tanto en persoas usuarias e profesionais de recursos residenciais, persoal sanitario, dependentes de grao III e maiores de 80 anos (neste último caso, unha situación comprensible debido ao abastecemento de vacinas aconselladas para grupos de idade inferior).

O CERMI considera moi preocupante o avance por grupos de priorización cando non se completou a inmunización dos que o propio programa considera de maior urxencia e tamén a desigualdade e deficiencias detectadas no sistema de planificación e de convocatoria para recibir a vacina.

 

Situación xa denunciada

Varias das plataformas membro do CERMI Galicia teñen manifestado xa publicamente a necesidade de vacinar aos colectivos que representan, así como de cumprir co plan establecido. É o caso de Aspace Galicia, Cogami, Down Galicia, Saúde Mental Feafes Galicia e Federación Galega de Dano Cerebral.

Ademais o CERMI Galicia puxo esta situación en coñecemento do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que respondeu por carta que o plan galego segue a Estratexia Nacional de Vacinación, que fixa como criterios de priorización a idade e a discapacidade. Sen embargo, a discapacidade só se tivo en conta a nivel residencial e do grao máximo, deixando a todo o colectivo de persoas con graos I e II, ou sen recoñecemento de discapacidade, en situación de exclusión.

Para o CERMI Galicia esta situación é inaceptable, máxime visto o anuncio por parte da Xunta de Galicia de que se iniciará o proceso de inmunización da poboación de entre 50 e 55 anos.

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}