Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán vacinadas co grupo de persoas de 70

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán vacinadas co grupo de persoas de 70

12 Marzo, 2021

» As persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán vacinadas co grupo de persoas de 70

Este xoves, a Comisión de Saúde Pública anunciou, a través dunha nota de prensa, que as persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán incluídas como grupo de risco na Estratexia de Vacinación, polo que serán vacinadas xunto ao grupo de persoas de 70-79 anos.

Este acordo recolle a petición realizada desde as entidades Down en España, que fora tamén exposta por outras institucións, como o CERMI ou a OMC-Organización Médica Colegial.

Down Galicia celebra e agradece esta medida que aliviará a preocupación de miles de familias e que recoñece a evidencia científica descuberta na investigación internacional levada a cabo pola Sociedade Científica de investigación da síndrome de Down T21rs. Dita investigación alertou, en poucos meses e grazas á participación de preto de 1000 familias de todo o mundo, sobre o factor de risco que supón o envellecemento precoz das persoas coa síndrome de Down fronte ao contaxio e enfermidade de COVID-19.

Por primeira vez, recoñécese nun documento oficial que as persoas coa síndrome de Down teñen un envellecemento precoz que se acentúa notablemente a partir dos 40 anos de idade, e equipáralles en termos de saúde ás persoas de 70-79 anos en relación ao COVID-19. Trátase dun recoñecemento de gran importancia para o colectivo que probablemente contribuirá a avanzar en investigacións no devandito ámbito. A primeira das consecuencias do recoñecemento da mencionada evidencia científica é a inclusión das persoas coa síndrome de Down na Estratexia de vacinación.

Lembramos a importancia de que ademais da vacinación das persoas con síndrome de Down, especialmente das que se atopan en situación vulnerable, se proceda á vacinación dos seus familiares, de modo que a unidade familiar se atope nunha situación de maior protección.

 

Consulta a Nota de prensa da Comisión de Saúde Pública nesta ligazón: A Comisión de Saúde Pública aproba incluír grupos de alto risco na próxima Actualización da Estratexia de Vacinación

Entradas relacionadas

Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos
13 Marzo, 2023
As entidades Down de España lanzan a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” para o Día Mundial da Síndrome de Down
10 Marzo, 2023
‘Eu decido’: manifesto do CERMI Mulleres polo Día Internacional da Muller
8 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}