DownGalicia
DownGalicia
  • Galego
    • Español
    • English
BUSCAR
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Colabora
  • Contacto

#QueNadaNosSepare, o experimento social de Down España para celebrar o Día Mundial da Síndrome de Down

  • ATempera

  • Envellecemento

  • Emprego

  • Educacion

  • Autonomia

» #QueNadaNosSepare, o experimento social de Down España para celebrar o Día Mundial da Síndrome de Down

Down España acaba de presentar a súa nova campaña con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro domingo 21 de marzo. A campaña, cuxo lema é #QueNadaNosSepare, márcase como obxectivo lanzar unha clara mensaxe de sensibilización social: “Se temos tantas cousas en común, por que deixamos que só un cromosoma nos separe?”. Con ela Down España pretende abordar o problema da falta de amizades e oportunidades de socialización ao que se enfrontan as persoas coa síndrome de Down cando alcanzan a adolescencia e a idade adulta (un 24% do colectivo di non ter amigos e un 62% ten poucas ou ningunha oportunidade para facer novas amizades). Un problema que provoca o seu illamento e soidade e que conduce a situacións de frustración e depresión e sobre a que Down España pretende facer reflexionar á sociedade para que esta realidade cambie.

Para demostrar que, efectivamente, son máis as cousas que nos unen ás persoas coa síndrome de Down que as que nos separan, Down España propúxose gravar un experimento. Citaron a seis persoas descoñecidas por parellas en lugares diferentes para que non puidesen verse e convidáronlles a probar unha nova app de contactos cuxo obxectivo era detectar afinidades entre persoas. Durante un tempo, tiveron a oportunidade de chatear, coñecer os seus gustos e intercambiar algunhas das súas experiencias vitais. Xurdiron risas, reflexións e confidencias e, tras a experiencia, puideron coñecer á persoa coa que estiveran chateando. O que se observa nas gravacións é que en ningún momento imaxinaron que ao outro lado habería unha persoa coa síndrome de Down. Nunca pensaron que esa persoa que sufrira acoso escolar, que amaba o baile ou que pasara a COVID-19 na UCI, como lles ocorría a elas, podería ser unha persoa con discapacidade intelectual. Pasada a sorpresa inicial, todos e todas reflexionan sobre a importancia de dar oportunidades ás persoas como Cristina, Xabi ou Carmen, os tres protagonistas da campaña, aos que -como eles mesmos recoñecen- “únenlles moitas cousas”.

 

#QueNadaNosSepare

Con esta emotiva campaña, que conta co selo creativo de Contrapunto BBDO e a produción de Blur Films, Down España pretende facer reflexionar á sociedade sobre os prexuízos e estereotipos que moitas veces van asociados á síndrome de Down, que fan que non vexamos á persoa que se atopa detrás desas etiquetas.

Mateo San Segundo, presidente da entidade, explícao así: “As persoas coa síndrome de Down queren ser unha máis na sociedade. Iso significa tamén  socializar, divertirse e facer amigos. Ata os 12 ou 13 anos todo vai ben, contan con amigos e amigas no seu colexio, convídanlles a festas…, pero chega un momento en que empeza a producirse unha distancia, comezan as escusas e os pretextos e dáste conta de que sofren moito. Isto continúa na idade adulta. Parece como se as súas únicas posibilidades de socialización fosen as de relacionarse con outras persoas coa síndrome de Down”.

Tal e como describe San Segundo, trátase dun “círculo vicioso do que resulta moi difícil saír e por iso esta campaña é tan necesaria, porque necesitamos como sociedade reflexionar sobre o que está a pasar e facer un espazo a todas as persoas”.

Desde Down España esperan que esta campaña favoreza un cambio de mirada na sociedade e unha sensibilización que anime a achegarse máis ás persoas coa síndrome de Down e a incluílas en plans con amigos e amigas, no lecer, no traballo, etc., porque son máis as cousas que podemos ter en común que as que nos separan.

Entradas relacionadas
Quirónsalud realiza revisións gratuítas para a detección de problemas oculares en Down Coruña
27 Marzo, 2021
As entidades Down de Galicia realizan accións locais para sensibilizar á sociedade no Día Mundial da Síndrome de Down
24 Marzo, 2021
As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos e piden respecto para as súas decisións no Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2021
A Xunta apoia o Día Mundial iluminando coa cariña Down os momumentos máis emblemáticos de Galicia
18 Marzo, 2021
O Movemento Down en Galicia organiza un acto virtual para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down
17 Marzo, 2021
Pon calcetíns desparellos e reivindica o valor da diversidade!
16 Marzo, 2021
REDES SOCIAIS
MÁIS NOVAS
  • As entidades galegas pedimos, máis ca nunca, o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda ante a situación de emerxencia social
  • Comeza a vacinación das persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos
  • A Deputación da Coruña continúa a colaborar con dous proxectos da Federación na provincia
TRABALLANDO NAS EMPRESAS
PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN
Educación
ORIENTACIÓN LABORAL
Búsqueda de empleo
PUBLICACIÓNS
Publicaciones
REVISTA DOWN GALICIA
Revista
SUBSCRÍBETE Á REVISTA

Subscríbete

VIDEOS
Multimedia
ORIENTACONSELLO
orientaconsello
ENVELLECEMENTO ACTIVO
Envellecimiento Activo
20 ANIVERSARIO
20 Aniversario
TRANSPARENCIA
Fondos Públicos
FINANCIADORES
Colaboradores
IDENTIDADE CORPORATIVA
LOGO
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Doar
  • Contacto
  • Punto virtual de educación
  • Transparencia
  • Áreas
    
  • Entidades
  • Novas
  • Publicacións
  • Síndrome de Down
  • Aviso Legal
  • Política de Privacidade
CERTIFICADOS DE CALIDADE
Calidad Aenor
Calidad Aenor
       
lectura Cermi EAPN Rede Técnicos de Emprego de Galicia lectura facil
Down España
Xunta de Galicia Servicio Galego de Emprego Público Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org Xerontoloxía
Down Galicia © 2018 Realizado por Versal Comunicación / Doblespacio.
Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade