Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  •  
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

A Xunta apoia o Día Mundial iluminando coa cariña Down os momumentos máis emblemáticos de Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

A Xunta apoia o Día Mundial iluminando coa cariña Down os momumentos máis emblemáticos de Galicia

18 Marzo, 2021

» A Xunta apoia o Día Mundial iluminando coa cariña Down os momumentos máis emblemáticos de Galicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, a conselleira de Política Social, Fabiola García, o presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, participaron hoxe no acendido da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago de Compostela, con motivo da conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down. Así, este monumento e outros emblemáticos de toda Galicia lucirán a cariña representativa de todo o Movemento Down na comunidade desde hoxe ata o domingo 21, data da celebración internacional.

Deste xeito, ás 20.30 horas e de xeito simultáneo, outros monumentos significativos galegos acenderon o emblema das entidades Down de Galicia, como a Torre de Hércules na Coruña, as Burgas en Ourense, a Catedral de Lugo ou o Convento de San Francisco en Pontevedra.

Delmiro Prieto González, presidente de Down Galicia, destacou a importancia dunha xornada coma a do Día Mundial da Síndrome de Down, que axuda a dar visibilidade á realidade do colectivo de persoas con esta alteración cromosómica, á vez que serve de trampolín para poñer sobre a mesa as principais reivindicacións en materia de dereitos. Así mesmo, quixo agradecer á Xunta a súa aposta pola concienciación pública sobre a síndrome de Down, así como a súa colaboración na iluminación dos monumentos e na organización destes actos.

 

Actos simultáneos en toda Galicia

Representantes da administración autonómica e das entidades Down de Galicia participaron tamén nos actos de acendido dos monumentos nas outras seis principais cidades de Galicia.

Así, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañou a Patricia Serantes, presidenta de Teima Down Ferrol, e a membros da corporativa municipal no acendido da fachada do Concello ferrolá; o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, estivo con Manuel Álvarez, vicepresidente de Down Coruña, na Torre de Hércules; Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo, e María José Blanco Freire, presidenta de Down Lugo, participaron no acendido da Catedral da cidade; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañou a Gonzalo Pérez Jácome, alcalde da cidade, e a Sonia González, presidenta de Down Ourense, na iluminación das Burgas; Luis López, delegado territorial da Xunta en Pontevedra, estivo con Manuel Pérez, presidente de Down Pontevedra Xuntos, no Convento de San Francisco; e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, acompañaron aos representantes da xunta directiva de Down Vigo no acendido da iluminación da sede da Delegación Territorial na cidade olívica.

 

21 de marzo, Día Mundial da Síndrome de Down

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 21 de marzo Día Mundial da Síndrome de Down. Con esta celebración, a organización internacional quere xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Así mesmo, quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade na toma das súas propias decisións.

Entradas relacionadas

Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil
27 Setembro, 2023
Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio
20 Setembro, 2023
Premio Insua dos Poetas a Down Galicia polo seu labor no eido da acción social
31 Xullo, 2023
Down Galicia denuncia ante a xustiza á Consellería de Educación pola discriminatoria orde de axudas para material escolar
18 Xullo, 2023
As organizacións de acción social piden o apoio das empresas galegas marcando o recadro Empresa Solidaria no Imposto de Sociedades
17 Xullo, 2023
Down Galicia será a entidade beneficiaria do Festival de la Luz 2023
13 Xullo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES

Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.

Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.

Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
O almacenamento técnico ou o acceso, é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente pola/o usuaria/o, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso, é necesario para crear perfís de usuaria/o para enviar publicidade ou para rastrexar a/o usuaria/o nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}