Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos e piden respecto para as súas decisións no Día Mundial da Síndrome de Down

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos e piden respecto para as súas decisións no Día Mundial da Síndrome de Down

21 Marzo, 2021

» As persoas coa síndrome de Down reclaman os seus dereitos e piden respecto para as súas decisións no Día Mundial da Síndrome de Down

Un acto virtual foi a opción escollida polo Movemento Down en Galicia para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down en tempos de pandemia. Nun evento que mesturou unha parte lúdica e outra institucional, as persoas con trisomía 21 foron, unha vez máis, as verdadeiras protagonistas, reclamando novamente os seus dereitos e defendendo a riqueza dunha sociedade diversa e plural.

“Merecemos as mesmas oportunidades que o resto da sociedade e que nos deixen desenvolver as nosas capacidades. Queremos vivir nunha sociedade que respecte a diversidade e que inclúa a todas e todos, sen excepción”, demandaron.

Para conducir este acto conmemorativo, a Federación Down Galicia tivo a sorte de poder contar con Irene Rodríguez-Toubes e David Aldrey, dous mozos membros do Movemento Down que foron dando paso ás distintas actuacións e persoas convidadas neste evento tan atípico.

A benvida correu a cargo de Delmiro Prieto González, presidente de Down Galicia, que comezou a súa intervención aclarando que “o Día Mundial da Síndrome de Down é un día de celebración, pero tamén de reivindicación daqueles dereitos que, por un motivo ou outro, se ven vulnerados”. Nesta ocasión, o presidente de Down Galicia quixo poñer o foco do seu discurso na educación, da que dixo que “ou é inclusiva ou non é educación” e destacou que “unha sociedade que mira ao futuro non pode permitirse vivir máis tempo nunha situación de segregación ou de exclusión educativa”. Prieto rematou a súa participación no evento dando as grazas a todas as persoas asistentes e, sobre todo, ás persoas coa síndrome de Down, por ser quen empurra e traballa para cambiar o seu destino.

O acto tamén contou coa intervención do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou o esforzo diario amosado polas persoas coa síndrome de Down e as súas familias, de quen dixo que son “un exemplo a seguir para toda Galicia nun momento onde necesitamos referentes de superación” e salientou que “o que realmente limita non son as supostas discapacidades, senón os prexuízos”. Feijóo remarcou que “nin sequera a pandemia logrou frear un proceso imparable: que as persoas coa síndrome de Down conquisten cada vez máis espazos da nosa sociedade” e que “todos estes avances chegan para quedarse e non teñen volta atrás”.

Ademais das intervencións institucionais, o público do evento puido desfrutar coas estupendas actuacións de Tanxugueiras e da Orquesta Cinema, que non quixeron perder a oportunidade de conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down interpretando senllos temas reivindicativos. A través da súa canción “Desposorio”, Tanxugueiras quixo destacar o importante papel da muller na sociedade actual, mentres que a Orquesta Cinema interpretou o tema “Quero ser coma ti”, composto para a ocasión polo solista da banda, César Romero, e que visibiliza o orgullo das familias das persoas con discapacidade e louba a importancia da diversidade.

Pero o momento máis importante do acto chegou preto do final, cando dez persoas usuarias de entidades Down en Galicia alzaron a súa voz e reclamaron os seus dereitos en nome de todo o colectivo. A través do Decálogo pola Inclusión, as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais deixaron ben claro que queren unha atención temperá pública e de calidade, unha educación e un emprego inclusivo, un envellecemento activo cos recursos dos que dispoñen na súa comunidade e unha atención sanitaria igualitaria e respectada.

Pero, sobre todo, demandaron unha sociedade que respecte as súas decisións e que lles preste os apoios que precisan para levar a vida que elas mesmas elixan. “Que nos deixen ser persoas autónomas e independentes, experimentar, querer, divertirnos e equivocarnos”.

 

Premios Down Galicia

Desde hai algúns anos, a Federación Down Galicia aproveita a conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down para entregar os Premios Down Galicia, que teñen por obxecto recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía e igualdade das persoas coa síndrome de Down, realizado tanto por institucións e entidades como por persoas particulares.

Neste ano tan singular, a Federación decidiu entregar unicamente un Premio Extraordinario, que recaiu en todas as familias, profesionais e persoas usuarias do Movemento Down en Galicia, pola súa gran capacidade de adaptación e polo esforzo amosado durante a crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. Grazas ao traballo e ás ganas de todas elas, as actividades das entidades Down puideron continuar levándose a cabo, evitando desta maneira un prexuízo maior que o propio confinamento para todas as persoas usuarias coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}