Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

As entidades galegas pedimos, máis ca nunca, o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda ante a situación de emerxencia social

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As entidades galegas pedimos, máis ca nunca, o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda ante a situación de emerxencia social

8 Abril, 2021

» As entidades galegas pedimos, máis ca nunca, o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda ante a situación de emerxencia social

Co inicio da campaña para a presentación da Declaración da Renda, as ONG galegas, baixo o paraugas de EAPN Galicia, CERMI Galicia e Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, pedimos, máis ca nunca, a colaboración da cidadanía para que marque o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social”, coñecido como X Solidaria.

A emerxencia sanitaria na que nos encontramos dende hai un ano está facendo máis vulnerables ás persoas que xa o eran antes da pandemia. As ONG galegas destinan programas e servizos necesarios que, para seguir manténdose, precisan do financiamento económico que chega a través do 0,7% do IRPF, un orzamento que ás persoas contribuíntes non lles supón ningún custo a maiores e que resulta necesario para a supervivencia de moitos programas de atención ás persoas en exclusión social ou pobreza.

En Galicia, a campaña de 2020 recadou 19.292.383 euros, unha cantidade aportada polas 735.705 persoas que marcaron a X Solidaria na súa Declaración. Comparada coa campaña anterior, foron 19.504 persoas máis as que marcaron a X Solidaria permitindo recadar 1.828.550 euros máis. Como media cada contribuínte achegou 26,22 euros.

Actualmente, son aínda 594.110 persoas contribuíntes as que seguen sen marcar a X Solidaria (un total de 473.691 non marcaron ningún recadro e 120.419 só marcaron o da Igrexa). No caso de facelo, permitirían que a asignación final en Galicia incrementara en 12.984.780 euros ata un total de 32.277.165 euros.

En palabras de Patricia Blanco, tesoureira de EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza “o IRPF abarca unha gran diversidade de programas. Aquí estamos representadas entidades que loitamos contra a pobreza, pola discapacidade e pola infancia, que vimos desenvolvendo todo tipo de actividades como programas de atención temperá, de inserción laboral, de exclusión social, para a atención a mulleres en situación de violencia machista, programas educativos…. abarcamos múltiples eidos, intentando dar resposta ás necesidades sociais que detectamos dende os nosos colectivos”. Blanco destacou igualmente o incremento de demandas detectado dende o inicio da pandemia “xa viñamos atendendo a un gran número de poboación á que debemos seguir prestando servizos, pero agora súmanse novos perfís en situación de exclusión social, aos que debemos de prestar axuda antes de que se cronifique a súa situación”.

Pola súa banda, o presidente do CERMI Galicia Luciano Fernández, resaltou que “no ámbito da discapacidade estamos a observar un incremento do empobrecemento en xeral. Moitas familias quedaron sen recursos e estamos a ver como se agravan doenzas e se ralentizan recuperacións funcionais que precisan moitas persoas con discapacidade”.

Finalmente, Xesús Vilas, presidente da Plataforma pola Infancia de Galicia, destacou “o aumento dos nenos e nenas que se atopan en risco de exclusión social. As familias teñen cada vez máis problemas para chegar a fin de mes e iso tradúcese nun incremento das necesidades de moitos nenos, que por desgracia seguirán a incrementarse de non contar cos apoios necesarios”.

 

#emerXenciaSOLIDARIA

O Terceiro Sector galego presentaba na Praza da Quintana a campaña do X Solidario que, coas medidas sanitarias pertinentes, reuniu a 20 persoas con globos nos que podían lerse “Emerxencia Solidaria”. Ante a prevista diminución da recadación do imposto da renda derivada da crise económica, as entidades lanzaron un “chamamento de auxilio” durante a lectura dun manifesto.

Nestes días, profesionais e voluntarias de moitas ONG prestan un servizo esencial na loita contra a COVID-19 e seguirán a facelo cando remate a pandemia, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos. Un traballo que é posible, en grande parte, grazas a todas as persoas contribuíntes que marcaron o X Solidario na súa Declaración da Renda.

As entidades sociais lembraron que “somos un servizo esencial” que estivo en primeira liña apoiando e defendendo os dereitos das persoas máis vulnerables, por iso piden o apoio para “contribuír ao funcionamento das entidades que defendemos os dereitos da cidadanía”.

Para rematar, as entidades de acción social galegas queren recordar que “marcando o X Solidario, o recadro de ‘Fins Sociais’, NIN pagamos máis NIN imos recibir menos cartos no caso das devolucións e podemos contribuír á realización de programas e proxectos para as persoas en risco de exclusión que máis o precisan”.

 

Asegurar o traballo para as persoas e non a burocracia

As redes e organizacións que impulsamos esta campaña, cremos fundamental  manter a  filosofía destes fondos de acción social que dende hai tres anos xestiona a Xunta de Galicia.

Evitar a dispersión e a burocracia a través a través da xestión dos fondos por un único departamento, a Consellería de Política Social, e seguir garantindo que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha e, sobre todo, dar continuidade aos programas.

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}