Down Vigo e o Grupo Nueva Pescanova renovaron o seu acordo de colaboración para favorecer a inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais no mundo laboral.
Este compromiso fíxose efectivo a través dun convenio asinado por Alfonso Gordon e Marta Otero, director corporativo de Persoas e directora xeral Industrial do Grupo Nueva Pescanova, respectivamente, e José Manuel García, presidente de Down Vigo, nun acto que tivo lugar nas instalacións da compañía en Chapela. Desta maneira, un mozo da entidade contará cunha oportunidade laboral nos centros industriais do Porriño e Chapela.
Trátase do segundo acordo coa empresa, despois da boa experiencia de fai tres anos que se materializou nun contrato indefinido.
A renovación deste convenio pretende continuar mellorando a formación de persoas coa síndrome de Down e diversidade intelectual nos centros industriais cos que conta o Grupo na área da provincia de Pontevedra.
Para o Grupo Nueva Pescanova esta iniciativa supón “unha nova oportunidade de formalizar un dos principios da compañía coa comunidade: establecer lazos de colaboración e solidariedade que favorezan a integración e impulsen a igualdade e a diversidade”.