Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

Case 200 contratos en empresas ordinarias durante 2020 avalan a metodoloxía de Emprego con Apoio das entidades Down en Galicia

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Case 200 contratos en empresas ordinarias durante 2020 avalan a metodoloxía de Emprego con Apoio das entidades Down en Galicia

30 Abril, 2021

» Case 200 contratos en empresas ordinarias durante 2020 avalan a metodoloxía de Emprego con Apoio das entidades Down en Galicia

Un total de 171 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia estiveron contratadas en empresas ordinarias da súa contorna durante o ano 2020. Este dato é lixeiramente inferior ao obtido no mesmo período do ano anterior, evidenciando desta forma os efectos negativos da COVID-19 no proceso de inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

Por este motivo, a porcentaxe de persoas usuarias da bolsa de emprego de Down Galicia que tiveron acceso a un posto de traballo neste período tamén descendeu ata quedar no 69,2%. Esta baixa porcentaxe tamén ten a súa orixe no elevado número de participantes no programa, que nesta ocasión ascendeu ás 247 persoas usuarias, deixando constancia da importancia que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais lle outorgan a ter un emprego. E é que a inclusión laboral contribúe de xeito eficaz a eliminar os tópicos que tradicionalmente se lle atribúen a este colectivo, sendo ademais unha moi boa maneira de que as persoas con discapacidade teñan unha imaxe máis positiva e útil de si mesmas.

En canto á distribución por localidades, obsérvase que foron 64 persoas as que traballaron neste 2020 na zona de Vigo, 24 en Ourense, 20 en A Coruña, 18 en Lugo, 17 en Pontevedra, 15 na área de Compostela e 13 na zona de Ferrolterra.

A través destas 199 contratacións, os traballadores e traballadoras puideron adquirir experiencia en postos tan variados como masaxista, dependente, auxiliar de biblioteca, especialista nunha fábrica, atención ao cliente, xardineiro, dependente, celador, auxiliar de repostería ou mantedor de instalacións deportivas, entre moitos outros.

Destacan neste período o número de prórrogas dos contratos e as transformacións dos mesmos en indefinidos, que, pese a tratarse do momento máis complicado da pandemia, chegan a 14 e a 12 respectivamente. Estes datos poñen claramente de manifesto a eficacia das persoas con discapacidade intelectual nos seus postos de traballo, demostrando que teñen capacidades máis que suficientes para superar o reto que lles propón a sociedade en canto ao traballo inclusivo.

Non obstante, os principais escollos para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual seguen a ser a inestabilidade, a temporalidade nas contratacións e a curta duración das súas xornadas de traballo, aínda que nos últimos anos estase constatando a aposta das empresas polos contratos indefinidos, que xa supoñen case o 50% do total.

Ademais, debido á situación de crise sanitaria que estamos a vivir desde marzo de 2020, 75 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais usuarias das entidades Down de Galicia estiveron durante algún tempo do ano en situación de ERTE, quedando aínda algunhas delas sen reincorporarse aos seus postos de traballo.

 

Acceso ao Emprego Público

É importante destacar que o acceso das persoas con discapacidade intelectual ao emprego ordinario non é unicamente unha cuestión relacionada coa empresa privada. De feito, un dos principais retos aos que se enfrontan hoxe en día está relacionado co acceso ao emprego público, onde, a pesar do aumento no número de convocatorias específicas para o colectivo, estas continúan sendo aínda insuficientes.

Por outra banda, debemos ser conscientes de que o abano de persoas con discapacidade intelectual é moi amplo. Por tanto, esta realidade ten que ser tida en conta á hora de realizar estas convocatorias, que deberían introducir medidas de discriminación positivas nos requisitos das mesmas. Deste xeito, garantiríase a igualdade de oportunidades de todas as persoas con discapacidade intelectual no acceso ás prazas reservadas.

Así mesmo, tamén é necesaria unha  flexibilización nos resto de criterios de acceso a estas prazas, pois, a pesar de que as persoas coa síndrome de Down son perfectamente capaces de realizar as tarefas encomendadas no posto de traballo e de superar os procesos selectivos, non poden acceder aos mesmos porque priman máis os requisitos mínimos, como pode ser unha titulación en Educación Secundaria Obrigatoria, que a traxectoria educativa da persoa.

 

Outros retos pendentes

Tras varios anos con números moi positivos no relativo a contratacións e melloras laborais, 2020 e a crise sanitaria derivada da pandemia da COVID-19 supuxo un estancamento na situación do colectivo. E é que máis aló dos datos expostos anteriormente, atopámonos cun grupo de persoas usuarias de idade máis avanzada que contaban cun emprego indefinido estable e que agora, tendo en conta o envellecemento prematuro das persoas coa síndrome de Down, será complicado que poidan volver incorporarse ao mercado de traballo.

Por outro lado, este envellecemento prematuro, evidenciado xa en distintos estudos, achéganos unha nova realidade: a necesidade de anticipar a idade de xubilación das persoas con síndrome de Down. Do mesmo xeito que en cuestións de saúde, as persoas maiores de 40 anos pertencentes ao colectivo deberían ser consideradas de forma similar ao grupo de poboación xeral de máis de 60 anos de idade e, por tanto, débese dar resposta ás necesidades relativas a esta etapa post-laboral.

 

A metodoloxía Emprego con Apoio

Desde hai case 20 anos, as entidades Down en Galicia desenvolven o programa Emprego con Apoio, deseñado para atender especificamente as necesidades e barreiras que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais atopan á hora de intentar acceder ao mercado laboral ordinario.

Este modelo baséase nun sistema estruturado de apoios e acompañamentos para guiar ás persoas demandantes de emprego a través de todo o proceso de inserción socio-laboral e asegurar a súa correcta incorporación ao posto de traballo. Deste xeito, as persoas que se incorporan a un novo emprego contan co apoio dun preparador ou preparadora laboral que se encarga de levar a cabo unha formación específica no propio posto de traballo, para que a persoa empregada poida ir adquirindo progresivamente unha adecuada execución das tarefas. O apoio tamén se centra na potenciación da interacción social cos compañeiros e compañeiras de traballo e na mediación na relación con eles para que se desenvolva de maneira positiva e natural.

Trátase, en definitiva, de prestar ás persoas con discapacidade intelectual os medios, os recursos e os apoios necesarios que faciliten a súa participación no mercado laboral da súa comunidade da mesma maneira que o resto de cidadáns e cidadás, favorecendo, deste xeito, a súa incorporación ou a súa estabilidade laboral e, de forma máis extensa, a súa inclusión social.

Avalada polos seus bos resultados, esta metodoloxía estase a consolidar como unha estupenda fórmula de inserción laboral para aqueles colectivos con máis dificultades á hora de atopar un traballo e supón unha alternativa idónea ás fórmulas de emprego protexido, baseadas nunha filosofía claramente asistencial e concibidas cun carácter instrumental e non como perpetradora do cambio nin como solución final ao problema.

Entradas relacionadas

O Goberno facilita a xubilación anticipada das persoas con discapacidade superior ao 45%
25 Maio, 2023
Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}