Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O emprego das persoas con discapacidade cae un 30% en 2020 segundo un informe da Fundación ONCE

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O emprego das persoas con discapacidade cae un 30% en 2020 segundo un informe da Fundación ONCE

1 Maio, 2021

» O emprego das persoas con discapacidade cae un 30% en 2020 segundo un informe da Fundación ONCE

Segundo o informe do Observatorio sobre Discapacidade e Mercado de Traballo en España da Fundación ONCE (ODISMET), en 2020 produciuse unha caída do 30% do emprego das persoas con discapacidade -86.706 contratos de traballo menos- e a fórmula contractual específica para a inclusión laboral do colectivo reduciuse nun 26,4%. Ademais, o informe tamén detalla que o salario das persoas con discapacidade é un 17,3% menor que o do resto da poboación.

 

No caso das persoas coa síndrome de Down é complexo coñecer a cifra exacta de persoas empregadas, pois en España non hai un rexistro oficial do colectivo. Estímase que, no noso país, existen ao redor de 35.000 persoas coa síndrome de Down -das cales 23.000 persoas están en idade laboral-, e que actualmente, só o 7% delas están ocupadas.

Durante a presentación do informe anual de ODISMET, o pasado xoves, Luís Enrique Quifez, o seu coordinador, explicou como foi o proceso de elaboración do mesmo e afirmou que a produción de información do estudo realízase para dar visibilidade ao colectivo da discapacidade que «o necesita máis que nunca». Ademais, insistiu en que o motor do cambio atópase na educación e na formación.

«A educación é á vez un reto e unha oportunidade. Un reto para estreitar as diferenzas entre persoas con e sen discapacidade e unha oportunidade porque o mercado de traballo está a transformarse e as persoas con discapacidade poden aproveitalo. A formación é o gran cabalo de batalla«, engadiu.

Doutra banda, Quifez quixo destacar a preocupante situación dos mozos e mozas, pois os seus indicadores laborais están por baixo da media. En definitiva, dixo, “este informe evidencia a necesidade das persoas con discapacidade» no mercado laboral, pero «as persoas con discapacidade non se renden».

 

«Se queres ter innovación na túa empresa, tes que ter diversidade»

Para clausurar o acto, José Luis Martínez Donoso, director Xeral de Fundación ONCE apuntou: «Temos a oportunidade de, cos fondos europeos, recuperar o espazo perdido en termos de emprego». Algo que desde as entidades Down de España tamén reivindicamos, pois os devanditos fondos son os que nos axudarán a formar ás persoas con discapacidade para que poidan optar a empregos, e tamén ás empresas para que ofrezan máis oportunidades de traballo ás persoas coa síndrome de Down do noso país.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}