Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

España elimina a incapacitación legal das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

España elimina a incapacitación legal das persoas con discapacidade

21 Maio, 2021

» España elimina a incapacitación legal das persoas con discapacidade

O Congreso dos Deputados aprobou este xoves as emendas incorporadas no Senado ao proxecto de lei que reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica por unha moi ampla maioría (un primeiro bloque contou con 282 apoios e o resto, con 267 votos afirmativos). Só houbo 10 votos en contra. Deste xeito, o proxecto de lei queda aprobado de forma definitiva.

A ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, destacou que “hoxe, por fin, vaise garantir a igualdade ante a lei das persoas con discapacidade” e o respecto da súa vontade.

Tamén tomou a palabra o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, quen mostrou a súa “satisfacción” pola aprobación desta norma “e polo “consenso” co que “se traballou”.

Impulsada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi), esta reforma busca acabar coa incapacitación xurídica das persoas con discapacidade e, no seu lugar, propón todo un sistema de apoios individualizados para que tomen as súas decisións de forma libre e autónoma.

Elimina as figuras da tutela, a patria potestade prorrogada e a patria potestade rehabilitada, consideradas como “pouco adaptadas” ao sistema de promoción da autonomía das persoas adultas con discapacidade. No seu lugar, o sistema de xustiza deberá proporcionar ás persoas que o necesiten as axudas e axustes necesarios (con recursos técnicos, materiais e humanos) para levar a cabo actos xurídicos tan diversos como casar, comprar unha vivenda ou facer testamento.

O seu obxectivo é adaptar a lexislación civil española á Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, que entre outros puntos establece a súa igualdade en canto a capacidade xurídica e prohibe a discriminación neste ámbito.

 

Emendas e melloras

Os grupos do Senado presentaron máis de 290 emendas ao proxecto de lei, moitas das cales foron incorporadas. Na súa redacción inicial, o proxecto de reforma incidía en sete leis (o Código Civil, a Lei do  Notariado, a de Axuizamento Civil, a do Rexistro Civil, a Lei de Patrimonio, a de Xurisdición Voluntaria e a Lei Hipotecaria). Agora afecta tamén á Lei de Comercio, debido a que un dos seus artigos será tamén modificado.

Outras modificacións incluídas no Senado teñen que ver coa eliminación do termo “minusválido” ou “diminuído” de todas as leis; a introdución de medidas para que as persoas con discapacidade poidan participar nos procesos xudiciais “con garantías”, de forma que poidan “entender e facerse entender”, e a incorporación da figura do “facilitador”, un experto que lles axudará ao longo de todo o proceso.

Entradas relacionadas

Aprobado o novo baremo de recoñecemento da discapacidade
19 Outubro, 2022
A ONU reclama o fin do emprego segregado de persoas con discapacidade para garantir o seu dereito a un traballo digno
14 Setembro, 2022
Descobren que unha terapia hormonal podería mellorar as habilidades cognitivas de persoas coa síndrome de Down
5 Setembro, 2022
Continúa aberto o prazo de solicitude das axudas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
31 Agosto, 2022
As persoas con discapacidade estarán máis protexidas trala entrada en vigor da nova lei de igualdade de trato e non discriminación
14 Xullo, 2022
A lamivudina podería ter “efectos moi interesantes” en persoas coa síndrome de Down, segundo unha investigación con ratos
4 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}