Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

As persoas usuarias das entidades Down coinciden en que “superar a proba do Celga axuda á hora de atopar traballo”

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As persoas usuarias das entidades Down coinciden en que “superar a proba do Celga axuda á hora de atopar traballo”

27 Maio, 2021

» As persoas usuarias das entidades Down coinciden en que “superar a proba do Celga axuda á hora de atopar traballo”

O vindeiro domingo terán lugar no IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada as probas para a obtención dos certificados Celga 2 de lingua galega. Estas certificacións, dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego a efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Nos últimos anos foron moitas as persoas vinculadas ás entidades Down as que se presentaron a estas probas, conseguindo moitas delas superar o proceso tras dedicarlle moito esforzo e dedicación.

Un bo exemplo son Verónica Pardellas e Joan Abuín, dous mozos coa síndrome de Down de Ourense e Lugo, que conseguiron superar a proba completa o pasado ano tras dedicarlle dúas horas diarias á súa preparación. Ambos coinciden en que o exame non lles resultou moi complicado e Verónica xa está pensando en “sacar un Celga superior”.

Tamén Xoel Pardo, usuario de Down Coruña, quixo presentarse porque quere “conseguir un traballo na Administración Pública e ter o Celga 2 era un dos requisitos”. Aínda que recoñece que lle custa un pouco falar en galego, non tivo problemas para superar a proba, xa que “estudaba media hora diaria e tamén practicaba con chamadas telefónicas coas preparadoras cando estaba preto a data de exame”.

Con todo, hai quen, a pesar de esforzarse moito, non supera o proceso, pero continúa preparándose para facelo nun futuro. É o caso de Andrea Iglesias, unha moza con discapacidade intelectual de Ourense que non conseguiu o certificado, pero que volverá a intentalo máis adiante, cando poida “preparalo en clases presenciais, para poder levalo mellor”.

Todos e todas elas queren animar a outras persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais a presentarse en vindeiras edicións, xa que é “unha boa experiencia que axuda a encontrar traballo”.

 

Necesidade de cursos preparatorios en lectura fácil

Unha boa formación é vital para a consecución duns bos resultados en calquera proba de certificación e, como vén sendo habitual desde os seus inicios, a Federación aposta pola preparación a través de recursos comunitarios da contorna.

Nos últimos anos conseguíronse grandes avances en relación ás probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega, como a posible exención nalgunha das partes dos exames ou as adaptacións de tempos e de materiais para facilitar a comprensión e a realización das probas a aquelas persoas con discapacidade intelectual que o precisen, pero desde a Federación Down Galicia continuamos detectando certas carencias no relativo ás formacións.

Ademais da necesidade dunha oferta formativa de ámbito autonómico, presencial e gratuíta para a preparación das probas Celga, desde a Federación consideramos moi necesaria, e máis no momento actual, a existencia dunha formación online en lectura fácil e a accesibilidade á plataforma virtual e aos contidos existentes en base ao deseño universal da aprendizaxe.

O feito de contar con formacións telemáticas máis accesibles e en lectura fácil non soamente beneficiaría ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, senón que axudaría a diversos grupos, entre os que se atopan as persoas con dificultades na linguaxe, o colectivo migrante ou persoas con baixa formación cultural.

Down Galicia xa trasladou esta demanda á Secretaría Xeral de Política Lingüística nunha reunión mantida o pasado mes de abril, na que a administración autonómica comprometeuse a abordar este tema canto antes.

Entradas relacionadas

SEUR contrata de forma indefinida a Manu Otero, membro de Down Compostela
14 Xuño, 2022
As entidades Down sensibilizan sobre a importancia do emprego ordinario en distintos centros de formación profesional
10 Xuño, 2022
O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
‘O Quiosco de Down Experience’ participa na ‘EA! Gastrosocial Experience’
6 Xuño, 2022
AFACO contrata a unha moza de Down Coruña como axudante de cociña
12 Maio, 2022
Down Lugo presenta o programa Emprego con apoio na Facultade de ADE do campus lucense
5 Maio, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}