Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita Xuntos para coñecer de primeira man o seu traballo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita Xuntos para coñecer de primeira man o seu traballo

8 Xuño, 2021

» O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita Xuntos para coñecer de primeira man o seu traballo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de conceder unha axuda de 15.232 euros a Down Pontevedra Xuntos para o desenvolvemento de programas de inclusión de mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

O delegado territorial, Luis López, informou desta concesión nunha visita realizada este mediodía á sede social da entidade pontevedresa xunto ao seu presidente, Manuel Pérez Cabo.

Grazas a esta achega, Xuntos desenvolverá un programa de empoderamento de mulleres entre o colectivo de persoas con discapacidade intelectual que contará cun mínimo de trinta participantes e 1.290 horas de formación.

Luis López valorou a concesión desta axuda “para seguir apoiando a unha entidade que está a piques de cumprir trinta anos consecutivos de traballo a prol da inclusión do colectivo de xente con síndrome de Down coa total implicación de nais, pais e familiares” e lembrou que a Xunta de Galicia colabora periodicamente coa entidade a través de financiamento para os seus programas de voluntariado e de inclusión social e tamén para o seu funcionamento coa distribución de fondos a través da Federación Down Galicia.

Ademais do delegado territorial, na visita tamén participaron Marta Mariño, xefa territorial da área de muller; Marcos Rey, concelleiro de Benestar Social do Concello de Pontevedra; e Silvia Junco, responsable da área de Benestar Social do Partido Popular de Pontevedra.

Entradas relacionadas

Mozos e mozas de Xuntos retoman o seu voluntariado na protectora Os Palleiros tralo parón pola COVID
16 Xuño, 2022
Xuntos invita á sociedade pontevedresa a sacar fotos pola inclusión con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down
22 Marzo, 2022
A Deputación de Pontevedra colabora de novo na inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2022
Xuntos continúa coa súa aposta polo deporte inclusivo coa sinatura de tres convenios de colaboración
11 Xaneiro, 2022
Down Pontevedra Xuntos pecha o ano coa contratación de catro das súas persoas usuarias
23 Decembro, 2021
Down Galicia sensibiliza ao alumnado da USC sobre o envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down
8 Outubro, 2021
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}