Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Novas experiencias laborais para dúas persoas usuarias de Down Lugo e Down Vigo

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Novas experiencias laborais para dúas persoas usuarias de Down Lugo e Down Vigo

10 Xuño, 2021

» Novas experiencias laborais para dúas persoas usuarias de Down Lugo e Down Vigo

O Concello de Agolada contrata de novo a Luis Cristóbal

Como cada ano, desde que en 2014 asinou o seu primeiro contrato de traballo, Luís Cristóbal, usuario de Down Lugo, uniuse de novo ao equipo profesional do Concello de Agolada. Desde o pasado 1 de maio e durante 3 meses, realizará diferentes tarefas auxiliares nas instalacións da administración local.

Esta contratación queda englobada dentro do convenio de colaboración asinado polo concello e a entidade Down e que ten por obxecto facilitar o proceso de inserción sociolaboral das persoas con discapacidade do servizo de Emprego con Apoio de Down Lugo.

Desde a asociación queren agradecer ao Concello de Agolada o interese mostrado durante todos estes anos por contribuír á inclusión social e laboral das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, entendendo que as administracións deben ser as primeiras en dar exemplo ao resto do tecido empresarial.

 

Rocío realiza prácticas laborais de limpeza na empresa Termavi

Pola súa banda, Down Vigo asinou un convenio de colaboración coa empresa Termavi (Terminais Marítimas de Vigo), pertencente ao grupo Davila, co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Desta forma, Rocío, usuaria da entidade, realizará prácticas laborais durante un mes no perfil profesional de limpeza.

Rocío explica que as súas tarefas consisten en “limpar as oficinas e despachos”, así como o resto das instalacións. Trátase dun posto de traballo fundamental, sobre todo no momento actual, xa que a hixiene é unha das principais medidas preventivas para frear os contaxios por COVID-19 na contorna laboral.

Desde Down Vigo queren agradecer esta colaboración, que permite actualizar as capacitacións profesionais das persoas que asisten ao servizo de Emprego con Apoio da entidade.

Entradas relacionadas

Persoas usuarias da asociación Down Lugo saen á rúa a reclamar os seus dereitos polo Día Mundial da Síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade
21 Marzo, 2023
Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
Down Galicia actualiza a súa “Guía de orientación académica e profesional”
2 Febreiro, 2023
Down Vigo e Carrefour amplían a súa colaboración cunha nova contratación laboral
31 Xaneiro, 2023
Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}