Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia organiza unha charla para analizar a reforma lexislativa que modifica a capacidade de obrar das persoas con discapacidade

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia organiza unha charla para analizar a reforma lexislativa que modifica a capacidade de obrar das persoas con discapacidade

18 Xuño, 2021

» Down Galicia organiza unha charla para analizar a reforma lexislativa que modifica a capacidade de obrar das persoas con discapacidade

Down Galicia organizou esta tarde unha charla virtual dirixida ás persoas usuarias e familias pertencentes ás entidades membro da Federación, centrada na reforma lexislativa que modifica a capacidade de obrar das persoas con discapacidade.

A principios deste mes, publicábase no Boletín Oficial do Estado a “Lei 8/2021, do 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica”, unha reforma moi esperada que remata coas incapacitacións xudiciais das persoas con discapacidade.

As persoas encargadas de trasladarlle ás familias e persoas usuarias as principais novidades desta reforma legal en materia civil e procesual foron Maripaz García Rubio, Catedrática de Dereito Civil da USC e membro da Sección Primeira da Comisión de Codificación encargada da elaboración do borrador do proxecto de lei, e Imaculada Espiñeira, notaria en Santiago de Compostela.

Ambas contestaron todas as preguntas e dúbidas existentes tras explicar de xeito sinxelo e comprensible o alcance desta reforma, o significado real do novo sistema proposto ou a situación na que quedarán as persoas con discapacidade que están incapacitadas xudicialmente neste momento.

Entre as principais novidades do texto destacan, sobre todo, a desaparición de figuras como a tutela ou a patria potestade prorrogada e a proposta, no seu lugar, dun sistema de apoios individualizados e adaptados ás necesidades de cada persoa para que poidan tomar as súas propias decisións libremente e con toda a información posible.

Entradas relacionadas

Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}