Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

Down Vigo recorre un tramo do Camiño de Santiago dentro da iniciativa Camiño Verde

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Vigo recorre un tramo do Camiño de Santiago dentro da iniciativa Camiño Verde

2 Xullo, 2021

» Down Vigo recorre un tramo do Camiño de Santiago dentro da iniciativa Camiño Verde

Down Vigo participa na iniciativa Camiño Verde, na que entidades sociais de toda Galicia percorren tramos do Camiño de Santiago co obxectivo de fomentar a inclusión social e a sustentabilidade ambiental. Así, cada martes e xoves, diversas entidades de toda Galicia irán completando etapas de maneira cooperativa, achegando ademais un enfoque ambiental a través da recollida de residuos e a concienciación co coidado da natureza.

A iniciativa, na que participan máis de 60 persoas con diversidade coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais xunto a profesionais de apoio das entidades e voluntariado, comezou o pasado martes 1 de xullo, cando 10 participantes de Down Vigo percorreron, xunto a profesionais da entidade, parte do camiño portugués pola costa entre os municipios de A Guarda e Oia. Durante o traxecto, as persoas participantes contribuíron ao coidado do medio ambiente realizando unha recollida de residuos, que posteriormente foron depositados nun punto limpo.

Está previsto que todos os martes e xoves do mes de xullo diferentes grupos de entidades que traballan con persoas con diversidade intelectual da provincia de Pontevedra realicen algunha das oito etapas que compoñen o tramo galego do camiño portugués pola costa. A etapa final será o día 29 de xullo entre Padrón e Santiago de Compostela.

As entidades que participarán nalgunha das oito etapas serán HC San Rafael, EVD Galicia, Down Vigo, Centro Juan María, ACEESCA, Fundación Amedis, San Xerome, Aspanaex e Discamino.

 

Inclusión social e concienciación mediambiental

Este proxecto ten dous obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, busca “mellorar a calidade de vida de persoas con discapacidade intelectual e favorecer a súa inclusión social a través da práctica deportiva, o contacto con outros colectivos e o coidado do medioambiente”, como explica Teresa Martínez, presidenta de ASDEGAL.

En segundo lugar, Camiño Verde ten como propósito “reducir a pegada de carbono do Camiño de Santiago e potenciar o coñecemento do patrimonio, a cultura e as contornas naturais dos municipios polos que pasa este roteiro”, en palabras de Diego Maraña, CEO de Qualitynova Consultores.

Desde Down Vigo agradecen aos organizadores que contasen coa súa entidade para sumar quilómetros en favor da inclusión social e a concienciación ambiental.

Entradas relacionadas

O Campionato de Baristas Down de Galicia volve á presencialidade na súa novena edición
8 Xuño, 2022
Down Lugo imparte un obradoiro de cómic inclusivo
13 Maio, 2022
Danza e deporte para desfrutar dun ocio inclusivo en Down Coruña
6 Maio, 2022
Un mozo de Down Vigo comeza a traballar en Rodavigo como operario de almacén
26 Abril, 2022
Down Vigo e Zona Franca renovan o seu compromiso coa inclusión laboral a través dunha nova contratación
11 Abril, 2022
«Explicáronme que tiña síndrome de Down e entendín todo o que podía facer»
31 Marzo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}