Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Desde 1998 mejorando la calidad de vida de cada persona con síndrome de Down y discapacidad intelectual y de sus familias
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

As empresas galegas xa poden destinar o 0,7% do Imposto de Sociedades para loitar contra a emerxencia social

Traballamos

Medramos

Aprendemos

As empresas galegas xa poden destinar o 0,7% do Imposto de Sociedades para loitar contra a emerxencia social

6 Xullo, 2021

» As empresas galegas xa poden destinar o 0,7% do Imposto de Sociedades para loitar contra a emerxencia social

A pasada semana deu comezo en España a campaña ‘EmpreXas que marcan para marcar o cambio’, dirixida a informar e sensibilizar ás compañías de todo o país para que marquen o cadro de “Empresa solidaria”, co que poderán destinar, por terceiro ano consecutivo, o 0,7% do recadado co Imposto de Sociedades a proxectos sociais.

Desta forma, as empresas de Galicia que o desexen poderán ser parte e contribuír cos proxectos que as entidades de acción social galegas están a levar a cabo.

Esta medida permite ás empresas participar na consecución dunha sociedade máis xusta, igualitaria e inclusiva marcando o cadro 00073 (modelo 200) ou o 069 (modelo 220) do seu Imposto de Sociedades.

 

EmerXencia SOLIDARIA

A emerxencia sanitaria está a facer máis vulnerables ás persoas que xa o eran antes da pandemia. Por iso, as ONG galegas levan a cabo para estes colectivos programas e servizos que precisan do financiamento que chega a través do IRPF e do Imposto de Sociedades. Unha aportación que ás persoas e empresas contribuíntes non lles supón ningún custo e que resulta imprescindible para moitas persoas en situación de exclusión social ou pobreza.

Como xa puxeron de manifesto as representantes das tres plataformas de organizacións de acción social galegas (EAPN, CERMI e Plataforma de Infancia) na presentación da campaña do X Solidario do IRPF, “as profesionais e voluntarias de moitas ONG prestan un servizo esencial na loita contra a COVID-19 e seguirán a facelo cando remate a pandemia, apoiando ás persoas máis vulnerables e defendendo os seus dereitos”.

 

Máis fondos en Galicia grazas a persoas e empresas

No 2020, a achega conxunta do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e do Imposto sobre Sociedades ascendeu en toda España a 331,7 millóns de euros, un 7% máis que en 2019.

De este importe a Galicia correspóndenlle 20.713.082€, a segunda comunidade autónoma onde máis crecen, tras Asturias, recoñecendo así o crecente apoio da cidadanía galega. É por iso que as entidades do Terceiro Sector pedimos que as empresas galegas se sumen ás 735.705 persoas que presentaron a Declaración da Renda en 2020 e que marcaron o recadro de “Actividades de interese social”.

A Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), a Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME), a Federación Nacional de Asociacións de Empresarios e Traballadores Autónomos (ATA), a Confederación Española de Asociacións de Mozos e Mozas Empresarios (CEAJE) e a Confederación Empresarial Española de la Economía Social (CEPES) xa se teñen comprometido a divulgar entre as súas empresas esta medida, totalmente voluntaria e que non supón ningún custo adicional.

Coa marcación voluntaria do cadro de “Empresa solidaria”, as compañías estarán a poñer en práctica a súa Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e contribuíndo á execución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030 coa procura de alianzas e novos escenarios de colaboración co Terceiro Sector.

Máis información: www.casillaempresasolidaria.es

Entradas relacionadas

CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
CERMI Galicia expón as principais reivindicacións das persoas con discapacidade ante o Parlamento de Galicia
12 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
8 de marzo de 2022: Vinte e cinco anos de conquistas e reivindicación
8 Marzo, 2022
Down España recada fondos para axudar a familias de persoas coa síndrome de Down de Ucraína
4 Marzo, 2022
Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
4 Xaneiro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa
Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}