Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Lugo organiza diversas actividades para desfrutar da temporada estival

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Lugo organiza diversas actividades para desfrutar da temporada estival

12 Xullo, 2021

» Down Lugo organiza diversas actividades para desfrutar da temporada estival

Aínda que non o pareza polo tempo cambiante das últimas semanas, o verán xa está aquí e Down Lugo quere aproveitar estas datas para desfrutar de distintas actividades de ocio.

Despois de moito tempo, os mozos e mozas da entidade puideron volver a realizar unha das súas habituais excursións, aínda que neste caso dividida en tres, xa que, para respectar as medidas sanitarias, estas saídas foron organizadas tendo en conta os grupos de convivencia establecidos durante todo o ano. Cada un deles escolleu previamente o destino e os plans quedaron da seguinte maneira:

O primeiro grupo decidiu achegarse ata a cidade da Coruña. Tras unha visita guiada ao Castelo de San Antón, pasearon polo porto da cidade e gozaron do Aquarium  Finistearrae.

O segundo grupo tamén escolleu A Coruña para a súa visita, pero repartiu o día cunha mañá de praia no areal de Oza, onde aproveitaron para bañarse, tomar o sol e comer, e unha tarde de turismo pola cidade, onde visitaron a Torre de Hércules e os seus arredores.

O último grupo pensou nun plan máis relaxado e decidiron ir a pasar o día á praia de Cabanas, en Pontedeume, onde pasaron unha marabillosa xornada entre risas, xogos e baños.

 

Taller de batucada da man de Tambukda Lugo

Ao longo deste ano, Down Lugo levou a cabo un taller de música no que se buscou fomentar o uso da música como canle de comunicación e no que as persoas participantes puideron gozar de actividades nas que coñecer diferentes sons, instrumentos e estruturas musicais, bailes e xogos rítmicos para expresarse dunha forma diferente.

A monitora do taller, Ana, forma parte do grupo de percusión Tambukda Lugo e, por esa razón, xurdiu a idea de que o taller de música deste ano tivese un peche moi especial. Así, hai unhas semanas, os mozos e mozas da asociación gozaron dunha animada actuación de percusión nos arredores da entidade, bailando e divertíndose ao ritmo dos tambores.

Entradas relacionadas

Carlota asina o seu primeiro contrato de traballo
22 Febreiro, 2023
A curta “Felisa e Manolo”, creada por membros de Xuntos, acada o primeiro premio do concurso “Curtas D-Medo” do Concello de Barro
9 Novembro, 2022
Down Lugo e o campus universitario da cidade presentan o Proxecto Troya, unha formación en competencias e habilidades empresariais
26 Outubro, 2022
O Encontro de mozos, mozas e persoas adultas de Down Galicia reúne a máis de 130 persoas que esperan “poder repetir moi pronto”
3 Outubro, 2022
Gadis renova o contrato de Iria Villamarín nunha das súas tendas de Lugo
8 Setembro, 2022
Down Lugo espreme o verán con dúas excursións á costa atlántica
29 Xullo, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}