downgalicia@downgalicia.org981581167
FacebookInstagramTwitterYouTubeFlickr
Down Galicia
Down Galicia
Síndrome de Down e inclusión
  • Galego
    • Español
    • English
 
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Colabora
  • Contacto

O Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas asinan un convenio de colaboración con Down Galicia para a divulgación do novo marco normativo en materia de discapacidade

  • Traballamos

  • Medramos

  • Aprendemos

O Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas asinan un convenio de colaboración con Down Galicia para a divulgación do novo marco normativo en materia de discapacidade

19 Xullo, 2021

» O Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas asinan un convenio de colaboración con Down Galicia para a divulgación do novo marco normativo en materia de discapacidade

A Federación Down Galicia vén de asinar un convenio de colaboración co Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas, que ten por obxectivo a realización de distintas actividades de asesoramento e divulgación sobre temas xurídicos de interese para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual. Este convenio, presentado hoxe nun acto na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, cobra especial importancia para as entidades que conforman o Movemento Down de Galicia trala recente publicación da reforma lexislativa que pon fin á incapacitación xudicial das persoas con discapacidade.

Dentro das accións propostas, destacan as charlas informativas sobre a nova lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica; a resolución de dúbidas do eido xurídico que poidan xurdir trala aplicación do novo marco lexislativo; a achega dunha relación de profesionais de referencia aliñados coa Convención das Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade no ámbito das Notarías en Galicia; a colaboración nas actividades ou xornadas de formación, sensibilización e información que se leven a cabo; ou a elaboración, publicación e difusión de distintos materiais divulgativos.

No acto de esta mañá, Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, salientou “a necesidade de contar co apoio do notariado galego nestes momentos, pois é crucial para que a lexislación que está a punto de entrar en vigor saia adiante”. Prieto aproveitou a súa intervención para convidar “a todos os profesionais do eido xurídico a non centrarse unicamente na discapacidade das persoas coa síndrome de Down e descubrir o moito que teñen que ofrecer”.

Por parte do Ilustre Colexio Notarial de Galicia, José María Graíño, decano da entidade, resaltou que “a nova lei supón un cambio de paradigma e, como xuristas prácticos, os notarios debemos ser proactivos para que se aplique en todo o seu contido”, subliñou. O decano asegurou que os notarios e notarias “asumen con moita ilusión e responsabilidade” unha lei “que adecúa as nosas normas xurídicas a principios éticos que se plasman nos dereitos humanos, como a dignidade das persoas, a autonomía da vontade e a plena igualdade xurídica no exercicio dos dereitos e no cumprimento das obrigas de todos os cidadáns”.

Pola súa banda, Almudena Castro-Girona Martínez, directora da Fundación Aequitas, indicou que a nova lexislación “consagra o exercicio de dereitos en condicións de igualdade, sen engadir barreiras ás persoas con discapacidade”. Por outra banda, quixo facer fincapé en que “a sinatura deste convenio supón o empoderamento das persoas con discapacidade, o cumprimento da toma de conciencia en relación á igualdade das persoas e tamén dá cumprimento á disposición adicional segunda relativa á formación, non só ao sector xurídico, senón tamén ao sector da discapacidade”.

Entradas relacionadas
CERMI Galicia esixe que a inclusión das persoas con discapacidade comece desde a infancia
3 Maio, 2022
A metodoloxía Emprego con Apoio das entidades Down fai fronte á crise con case 190 contratos de traballo en empresas ordinarias en 2021
29 Abril, 2022
O CEESG súmase a Down Galicia na procura dun envellecemento activo e saudable para as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
25 Abril, 2022
As entidades sociais galegas piden o apoio das persoas contribuíntes na Declaración da Renda
8 Abril, 2022
Down Galicia desenvolve 17 proxectos neste 2022 grazas ás persoas que marcaron o X solidario
7 Abril, 2022
Down Galicia e ACDgal alíanse para promover o envellecemento activo e saudable das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
5 Abril, 2022
Máis novas
Multimedia
Publicaciones
Revista down
Búsqueda de empleo
Envellecimiento Activo
Colaboradores
Identidade Corporativa
MAPA WEB
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
    
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto





Calidad AenorCalidad Aenor
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}