Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Síndrome de Down
  • Transparencia
  • Contacto

Down Galicia participa no seminario sobre o novo réxime xurídico da discapacidade organizado pola USC

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Down Galicia participa no seminario sobre o novo réxime xurídico da discapacidade organizado pola USC

22 Xullo, 2021

» Down Galicia participa no seminario sobre o novo réxime xurídico da discapacidade organizado pola USC

A Federación Down Galicia participou este martes na segunda xornada do curso de verán “A familia no novo réxime da discapacidade”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo deste curso é dar a coñecer a transcendencia social e xurídica da nova lei pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, que entrará en vigor o vindeiro 3 de setembro de 2021.

Desta forma, o Movemento Down de Galicia quixo aportar o seu gran de area neste tema formando parte da mesa redonda “O impacto da reforma nas organizacións da sociedade civil”, compartindo espazo coa asociación de dano cerebral de Compostela, Sarela.

A intervención comezou da man de Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, quen analizou de forma global o impacto que esta nova lexislación terá sobre as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e as súas familias, e continuou coa exposición da problemática actual no relativo ao exercicio de dereitos do colectivo.

Sobre este tema afondaron máis Isabel Fernández e Mar Vidal, nai e filla usuarias de Teima Down Ferrol, que puxeron sobre a mesa varios casos discriminatorios sufridos por elas mesmas e por outras persoas usuarias de entidades Down de Galicia. Así, durante a súa intervención, destacaron a carencia xeral no uso dos axustes razoables, que facilitan ás persoas con discapacidade a accesibilidade e a participación, garantíndolles o desfrute ou exercicio de todos os seus dereitos en igualdade de condicións co resto da cidadanía. Neste senso, quixeron afondar na importancia da eliminación das barreiras da contorna, xa que aínda que a norma xurídica existe, o exercicio de dereitos das persoas con discapacidade depende, en gran medida, da vontade de aquelas persoas que estas atopan polo camiño. Para finalizar a súa intervención, recordaron que non sempre son necesarios os apoios polo simple feito de que unha persoa teña discapacidade, xa que entón estaríase limitando a promoción da súa autonomía persoal.

 

A realidade actual existente

Desde a súa creación, as entidades que conforman o Movemento Down de Galicia foron detectando diferentes experiencias cotiás discriminatorias sufridas por distintas persoas usuarias das mesmas. Deste xeito, ao longo destes anos, persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais viron como se vulneraban os seus dereitos fundamentais ao prohibirlles abrir unha conta bancaria, ao ser rexeitadas á hora de facer un seguro de saúde, ao atoparse trabas e negativas para tramitar un certificado dixital ou ao sufrir distintos problemas en locais de ocio nocturno, entre outras.

Do mesmo xeito, tamén nos xulgados e notarías viven situacións discriminatorias, xa que as persoas con discapacidade intelectual adoitan atoparse con tratos paternalistas, linguaxe infantilizado, preguntas capciosas e, incluso en ocasións, faltas de respecto.

 

O impacto da nova lexislación

A nova normativa leva consigo un cambio lexislativo de gran calado, dirixido a cumprir cos ditados da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade. Esta reforma afectará transversalmente a tradicionais ramas do dereito privado e ás súas leis máis importantes, como o Código civil español, así como a outras leis xerais, como a Lei de Axuizamento Civil ou a Lei de Rexistro Civil.

Pero, ante todo, trátase dunha modificación de gran entidade porque as ideas clave sobre as que se asenta a reforma representan un cambio substancial na concepción que a sociedade e o ordenamento xurídico teñen das persoas con discapacidade.

Desta forma, recoñécese a plena capacidade xurídica a todas as persoas, con e sen discapacidade, entendendo por capacidade xurídica tanto a aptitude para ser titular de dereitos como a posibilidade de exercitalos. Como consecuencia do anterior, co fin de respectar a mencionada plena capacidade xurídica da persoa con discapacidade, o novo modelo que senta a reforma cambia os mecanismos “substitutivos” na toma de decisións que afectan á persoa con discapacidade por un sistema de “apoios” para que esa persoa poida tomar as súas propias decisións. Por último, e para evitar que a reforma quede nun mero cambio no papel e que os mecanismos de apoio poidan ser terxiversados e amparen, na práctica, a substitución da persoa con discapacidade na toma das decisións que lle afectan, a reforma articula una serie de garantías para asegurar o respecto dos dereitos, a vontade e as preferencias da persoa con discapacidade.

Entradas relacionadas

Down Galicia e BBVA colaboran para promover a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
27 Xaneiro, 2023
Fundación Mapfre colabora co envellecemento activo das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais
27 Xaneiro, 2023
A Deputación de Pontevedra apoia de novo a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down
25 Xaneiro, 2023
Down Galicia reivindica o dereito a unha educación inclusiva no Día Internacional da Educación
24 Xaneiro, 2023
Boas prácticas en accesibilidade cognitiva: as entidades de Down Galicia fan os seus espazos máis accesibles da man de Autismo Galicia
20 Xaneiro, 2023
A Consellería de Política Social e Xuventude colabora no mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal
2 Decembro, 2022
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}