Skip to content
downgalicia@downgalicia.org981581167
Facebook page opens in new windowInstagram page opens in new windowTwitter page opens in new windowYouTube page opens in new windowFlickr page opens in new window
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down – Federación Down Galicia
Autonomía e inclusión para personas con Sindrome de Down
Autonomía e inclusión para personas con síndrome de Down - Federación Down Galicia
  • Galego
    • Español
    • English
Search:
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto
COLABORA
  • Down Galicia

  • Entidades

  • Áreas

  • Síndrome de Down

  • Transparencia

  • Contacto

Os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski van destinados ao proxecto de educación inclusiva de Down Galicia este agosto

Traballamos

Medramos

Aprendemos

Os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski van destinados ao proxecto de educación inclusiva de Down Galicia este agosto

3 Agosto, 2021

» Os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski van destinados ao proxecto de educación inclusiva de Down Galicia este agosto

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, xunto co seu socio Grupo Eroski, dedica o programa Céntimos Solidarios dos seus supermercados durante o mes de agosto ao proxecto “Unha escola para tod@s” de Down Galicia, xunto a outros dous programas de COGAMI e FAXPG. A empresa busca recadar fondos para contribuír á inclusión social de persoas con discapacidade física e orgánica, persoas xordas e persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A campaña, aberta desde o pasado día 29 de xullo, permanece activa ata o 25 de agosto en todos os supermercados e hipermercados Eroski da súa rede comercial.

As persoas con discapacidade teñen máis risco de caer na pobreza debido á falta de oportunidades laborais, dificultades para realizar actividades de calquera tipo, mobilidade limitada ou discriminación, entre outras razóns. A crise da Covid-19 agravou esta situación aínda máis, segundo sinala a firma, polo que Vegalsa-Eroski, Down España, Cocemfe e CNSE impulsaron esta campaña solidaria para tentar aliviar a súa situación, poñer de manifesto as capacidades destes colectivos e contribuír así á súa integración laboral e social.

“As persoas con discapacidade son unha das principais vítimas da pandemia. O illamento contribuíu a empeorar o seu estado de saúde e a incrementar o número de persoas en risco de exclusión social. Por iso, agora máis que nunca, é necesario garantir o seu benestar e axudarlles a que aos poucos recuperen de novo as súas rutinas”, explica a directora de RSE, Comunicación e Área Cliente de Vegalsa-Eroski, Gabriela González.

Por unha educación inclusiva e de calidade

“É de agradecer o xesto de Velgalga-Eroski por esta gran iniciativa. O noso proxecto ‘Unha escola para tod@s’, ao que vai destinado Céntimos solidarios, reivindica a educación inclusiva como a única vía de educar nunha sociedade que mira o futuro. Down Galicia naceu con esa orientación, con ese obxectivo. Non hai educación se non é inclusiva, xa que a chamada educación especial é segregadora, separa aos nenos e nenas da nosa sociedade”, sinala pola súa banda o presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto.

Non dubides en deixar a túa achega coa túa compra este agosto!

Entradas relacionadas

Histórico balance de emprego das entidades Down de Galicia con 219 contratos en empresas ordinarias en 2022
28 Abril, 2023
A Deputación da Coruña volve colaborar con Down Galicia en dous proxectos na provincia
30 Marzo, 2023
Administracións, medios de comunicación e o ámbito educativo colaboran na difusión do Día Mundial da Síndrome de Down
23 Marzo, 2023
As persoas coa síndrome de Down reclaman o fin dos prexuízos vencellados ao colectivo no Día Mundial da síndrome de Down
21 Marzo, 2023
Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!
17 Marzo, 2023
Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense
14 Marzo, 2023
Máis novas
Identidade Corporativa

ODS Down Galicia

Mapa Web
  • Down Galicia
  • Entidades
  • Áreas
  • Sindrome de Down
  • Transparencia
  • Novas
  • Vídeos
  • Publicacións
Test
  • Revista Down Galicia
  • Orientación laboral
  • Punto virtual de Educación
  • Envellecemento activo
  • Colaboradores
  • Identidade Corporativa
  • Colabora
  • Contacto



“ER” IQNet
2021 Down Galicia © Made with by Doblespacio :) Built with Accessibility in mind, with WCAG 2.0 AA compliant

Aviso Legal
Política de Privacidade
Política de cookies

Go to Top
Manage Cookie Consent
POLÍTICA DE COOKIES


Down Galicia utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Para administrar ou deshabilitar estas cookies fai click en Configurar.


Pulsa o botón Aceptar Cookies para confirmar que aceptas a información presentada. Despois de aceptar, non volveremos a amosarche esta mensaxe, excepto no caso de que borres as cookies do teu dispositivo.


Podes obter máis información na nosa
Funcional Always active
The technical storage or access is strictly necessary for the legitimate purpose of enabling the use of a specific service explicitly requested by the subscriber or user, or for the sole purpose of carrying out the transmission of a communication over an electronic communications network.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estaticas
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
The technical storage or access is required to create user profiles to send advertising, or to track the user on a website or across several websites for similar marketing purposes.
Manage options Manage services Manage vendors Read more about these purposes
Configurar
{title} {title} {title}